Rexistrada a convocatoria de folga no ensino público para o 12 de decembro

Convocatoria unitaria para recuperar os horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo

Cualtis, empresa contratada para o recoñecemento médico, deturpa a toponimia oficial e só emite informes en castelán

A CIG-Ensino denuncia a desidia da Xunta de Galiza e o desprezo da empresa Cualtis.

O profesorado faise oír en toda Galiza nas súas reclamacións por recuperar o horario lectivo anterior aos recortes

Esta tarde celebráronse concentracións simultáneas nas sete cidades galegas, convocadas pola CIG-Ensino e o resto de organizacións con representación no ensino público galego.

Publicado o concurso específico de adultos

Cun prazo de participación que vai desde o 22 de novembro ao 13 de decembro

A CIG Ensino chama ao profesorado a participar masivamente nas concentracións de mañá pola recuperación do horario lectivo

As concentracións, que terán lugar ás 19:30 horas nas sete grandes cidades galegas, están convocadas por todas as organizacións con representación no ensino público.

25N

Unidade didáctica para traballar nos centros educativos

I Xornadas de atención á diversidade

Levaranse a cabo o 23 de novembro na Coruña e contarán coa presenza de Mar Romera ou José Ramón Lago

Silencio nos medios: que non se saiba que hai mobilizacións do profesorado.

Hai mobilizacións do profesorado contra a Xunta mais semella que o control da Xunta foi efectivo o día da marcha unitaria a San Caetano.

Arrancan as mobilizacións do profesorado galego pola recuperación horaria cunha concentración masiva de delegadas sindicais fronte á Consellaría

Delegadas da CIG-Ensino e das outras OOSS con representación nas eleccións sindicais levaron a cabo esta mañá unha marcha arredor de San Caetano que rematou cunha concentración fronte ao edificio da Consellaría de Educación

Actualización das listas de persoal interino e substituto

Corpo de PES, PT de formación profesional, profesores de EOIs e profesores de música e artes escénicas

O profesorado galego irá á folga o 12 de decembro para recuperar os horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo

A CIG-Ensino e as demais organizacións sindicais con representación no ensino público anunciaron esta mañá as mobilizacións a levar a cabo nas próximas semanas antes da aprobación dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2020

A consellaría despreza o profesorado galego e prefire manterse no búnker a devolver os dereitos roubados

Na reunión celebrada esta tarde entre representantes das catro OOSS da Mesa Sectorial (CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FeSP-UGT) e a conselleira púxose de manifesto a cerrazón da administración a negociar calquera recuperación do horario lectivo

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
DOG 22 Agosto 2025
Profesorado aprobado nas oposicións do 2025

Publicada no DOG a relación de de persoal que superou os procesos selectivos do ano 2025.

DOG 22 Agosto 2025
Resolución do CADP

Resolución definitiva do CADP para o curso 2025-2026 publicada no DOG.

DOG 20 Agosto 2025
Axudas a centros concertados

Convoca a Consellaría axudas para que os centros privados concertados contraten profesorado de apoio e reforzo PROA+.

DOG 18 Agosto 2025
Praza de galego en Londres

Resolto definitivamente o concurso para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galega no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Outros 4 Agosto 2025
Licenzas por formación non retribuídas

O prazo de presentación de solicitudes será do 4 ao 18 de agosto (inclusive).

DOG 29 Xullo 2025
Profesorado apto na fase de prácticas

Publicada no DOG a relación de profesorado apto na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos do ano 2024.