Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre

Publicadas hoxe, martes 28 de abril de 2020

Hai que ter en conta que estas instrucións están, de feito, modificando normas con rango de decreto, algo que se entende no marco excepcional do estado de alarma, mais que non debería nunca implicar actuacións unilaterais como está a facer a Xunta.

Nun momento ordinario as normas que regulan a avaliación deberían pasar preceptivamente polo Consello Escolar de Galiza. Desde a CIG-Ensino non demandamos ralentizar a toma de decisións con trámites imposíbeis de asumir en estados como o actual mais si que se abrira a contraste e opinión o documento que finalmente veñen de publicar.

Novamente a Consellaría fai mostra do nulo talante negociador e de manter unha interlocución coa comunidade educativa e publica estas instrucións sen ningún tipo de consenso previo.

Instrucións do 27 de abril de 2020 (publicadas o 28 de abril), da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Accede á normativa sobre este final de curso

Volver