4018 resultados

Educación vulnera os dereitos lingüísticos do persoal dos centros educativos cunha enquisa de riscos psicosociais exclusivamente en castelán
A CIG-Ensino demandáralle á Consellaría que a enquisa debía estar na nosa lingua

A decisión da Consellaría de ir ao máximo de horas de formación na empresa implicará unha perda na calidade da FP
A CIG-Ensino alerta de que o tempo de formación dos módulos profesionais nos centros educativos non chegará nin ás 1000 horas nos ciclos medios e superiores, é dicir, nin sequera á metade da súa duración total.

Terceira reunión no SIMA do XIII convenio de Infantil 0-3, sen avances nas “negociacións”
A reunión remata cun aprazamento solicitado polas patronais e co compromiso de traer unha proposta global, coa finalidade de asinar o convenio en maio
A CIG-Ensino denuncia o borrado sistemático das baixas para a súa non substitución
A Consellaría borra as baixas dos listados de substitucións evitando así a transparencia e o control da non substitución do profesorado nos centros educativos galegos

Publicado no DOG a orde do calendario escolar
A CIG-Ensino lamenta que a Consellaría siga a superar o mínimo de 175 días que marca o LOMLOE

Publicado o VIII convenio colectivo estatal de centros de ensinanza de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos
A CIG-ensino non subscribiu este VIII convenio por non dar resposta ás demandas salariais e laborais dos traballadores/as do sector e por carecer de negociación real e avances, unha vez máis, que recoñezan a profesionalidade do persoal traballador

Galego vivo, Galiza viva. O lema baixo o que decorrerá este ano a gran manifestación pola lingua após 20 anos dun Plan de normalización que seguen sen aplicarse
A plataforma Queremos Galego, da que forma parte a CIG-Ensino, anima a asinar o manifesto e a participar activamente na manifestación do vindeiro 17 de maio.

A CIG trasládalle ao Ministerio de Función Pública as súas demandas para o persoal do sector público
Foi nunha reunión celebrada na sede do Ministerio na que responsábeis do sindicato pediron cambios relevantes tanto nas formas como no fondo da negociación das retribucións e dos dereitos das traballadoras e traballadores das administracións públicas

A mediación da CIG coa inspección laboral culmina con importantes melloras laborais para o persoal da Escola Municipal de Música de Santiago
Despois da denuncia e de mobilizacións ante a inacción da empresa concesionaria durante máis de ano e medio conseguiuse o pagamento dos atrasos desde setembro de 2021 así como outras melloras salariais e laborais

2º borrador do Real Decreto do Concurso Xeral de Traslados
Remitido polo ministerio hoxe, 11 de abril

Información da Mesa Docente estatal: modificación do Real Decreto de concurso de traslados
O Ministerio, logo das críticas recibidas polo proceso da negociación, compromete unha revisión do texto e unha nova reunión a finais de mes
páxina 21 de 310