A CIG-Ensino convoca asembleas abertas a todo o persoal do sector infantil 0-3

Ante a situación de bloqueo patronal e rotas as negociacións do XIII convenio estatal de infantil 0-3, toca valorar a situación actual na Galiza e tomarmos decisións

A pasividade e a inacción non pode ser a solución, polo que dende a CIG-Ensino facemos un chamamento a todo o persoal do sector de infantil 0-3 na Galiza para que acoda ás asembleas que se van facer por todo o país e nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol.

As asembleas son abertas a todo o persoal traballador e celebraranse o martes 11 e mércores 12 en horarios entre as 18 e as 19h., podendo incorporarvos sobre a marcha por razóns horarias escolares. É importante que estean representadas o maior nº de escolas.

Nas mesmas trataremos a situación do XIII convenio estatal, a campaña en marcha “por un convenio galego” para o sector 0-3, a organización da parte social na Galiza e propostas de acción e saídas, no camiño de intentar forzar unha dignificación real do sector na Galiza.

Acode e defende os teus intereses!!

Volver