4017 resultados

A realidade dos centros fronte á propaganda da Consellaría
No día que o conselleiro comparece no Consello Escolar de Galiza para recargar a súa campaña de manipulación sobre a situación do comezo de curso, a CIG-Ensino anuncia que exixirá xustificación sobre os recortes en centos de centros educativos

O persoal da Escola de Música da Coruña reclama diante do Consorcio recursos para unha ensinanza pública e de calidade
O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña proseguiu este martes co calendario de mobilizacións acordado para reclamar a xestión directa por parte do Concello

O comité de folga dá por rotas as negociacións con Beatriz Seijo SL ao non aceptar a empresa ningunha das reivindicacións e mesmo dar marcha atrás nas xa acordadas
Despois da resposta por escrito da empresa as traballadoras e a CIG-Ensino van intensificar as accións de protesta até acadar os obxectivos previstos

A atención á diversidade, principal prexudicada nun comezo de curso lastrado polos recortes
Cambios de perfil de prazas que pasan a ser compartidas, recortes no CADP de prazas de PT e AL, negativa a cubrir necesidades e mesmo incumprimento dos escasos avances recollidos no acordo coa minoría sindical

Continúan os cursos para o funcionariado de prácticas con centos de asistentes e prazas aínda dispoñíbeis para Vigo, A Mariña e O Morrazo
Esta fin de semana tiveron lugar os cursos en Compostela, Pontevedra, Ourense e Ferrol

CIG e UDC completan o acordo de suba salarial para todo o persoal do Capítulo VI fixando as condicións da súa aplicación
O texto final é froito do acordo ao que chegaron sindicato e universidade no TSXG para poñer fin ao conflito colectivo promovido pola central sindical

Actualizadas as listaxes de substitucións do persoal docente
Actualizáronse as listas de substitucións de todos os corpos docentes

Persoal da Escola de Música concéntrase para reclamar a xestión directa do Concello da Coruña
Demandan orzamentos suficientes para garantir a calidade educativa e que se respecte o convenio colectivo

Cúmprense 15 días de folga indefinida en Beatriz Seijo Art Studio + Gallery sen avances por parte da empresa
Despois da reunión celebrada o luns a instancias do comité de folga de momento non houbo grandes achegamentos ao respecto das principais reivindicacións do persoal: equiparación salarial, redución das ratios, plan de igualdade e recoñecemento da relación

A CIG-Ensino insta a Consellaría a dotar os centros do persoal necesario para atender o alumnado con calidade
Despois do éxito das concentracións organizadas polas ANPAs na comarca de Compostela o sindicato maioritario lembra a necesidade de contratar profesorado estable e non “parches” como o Plan Mega e o Proa+, tal e como se fixo tras o acordo asinado en 2007

O concurso de traslados terá novo baremo e cun prazo de participación previsto do 5 ao 26 de novembro
A CIG-Ensino considera unha falta de respecto do Ministerio de Educación que teña presentado o borrador da orde de normas comúns sen convocar Mesa Docente estatal

O “V convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores” non foi asinado pola CIG-Ensino
Non da resposta ás reivindicacións do persoal traballador galego e trátase dunha prórroga do xa problemático IV convenio
páxina 13 de 309