A CIG-Ensino apoia as demandas do CEIP A Gándara de Narón

A inacción da Consellaría pon en perigo á comunidade educativa do centro

É necesaria unha resposta inmediata ante os constantes desprendementos da fachada do centro educativo.

O xoves 29 de maio ás 18h as familias e profesorado do CEIP A Gándara (Narón) concentráronse diante do Edificio da Xunta en Ferrol para esixir da administración educativa que execute sen demora as obras prometidas para a estructura exterior do edificio. Logo de múltiples escritos e comunicacións desde o 2019 por parte da ANPA e dirección do centro nas que se indican as deficiencias e perigos da fachada, a Consellaría non ve premura para levar a cabo as obras necesarias e indica que o prazo para  realizar os traballos de mellora poden ir até 2028. 

Estamos ante unha situación que debe ser atendida xa, pois falamos da seguridade no ámbito de traballo do profesorado. Ademais, apoiamos as demandas das familias  xa que semella que até que pase algo non van facer nada desde a Consellaría, e isto non pode ser así.

Volver