4023 resultados

A Consellaría presenta un documento ausente de toda referencia á incerteza dun comezo de curso escolar para o que non teñen presentado aínda ningunha proposta
Información sobre a negociación do calendario escolar para o curso 2020-2021

Convocado o Consello Galego de FP para o luns 22 de xuño
Na Orde do día están os borradores da oferta formativa de FP nos réximes ordinario e modular para o vindeiro curso e o desestimento da realización das probas de avaliación en competencias clave para os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3

A CIG solicita unha reforma do EBEP que non se limite á intención do goberno central de regular o teletraballo e abordar a temporalidade
Nunha reunión celebrada coa ministra de Administración Públicas o sindicato avogou por eliminar a taxa de reposición e buscar fórmulas legais para que os procesos de consolidación se fagan pensando nas persoas que levan anos en fraude de lei

Información da mesa sectorial do calendario escolar
Inclúe tamén cuestións varias presentadas pola CIG Ensino.

CIG-Ensino amosa a súa preocupación tras as declaracións da conselleira de Educación sobre o inicio de curso escolar
Tras un novo peche en falso da reunión entre Ministerio e administracións educativas na Conferencia Sectorial, todas as decisión están nas mans da Consellaría

Guía de desescalada para a incorporación ao traballo nos centros de atención á diversidade
A CIG-Ensino logrou a única mellora importante neste documento que até o de agora se limitaba á recompilación do regulado e establecido na normativa actual

A CIG-Ensino non subscribe a “declaración conxunta das organizacións representativas do sector de Infantil na etapa de 0 - 3 anos”
Non o subscribimos por tratarse dun manifesto propio da patronal e un novo confinamento dos dereitos da parte social

CIG-Ensino pide explicacións polo anuncio da anulación da convocatoria de axudas para proxectos de fomento do uso do galego
Nun correo-e remitido aos centros desde os gabinetes provinciais de normalización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística dise que a convocatoria deixarase sen efecto no DOG do día 11 de xuño

Delegadas da CIG marcharon por toda Galiza para reclamar unha saída laboral xusta e digna á crise sanitaria
Nas sete grandes cidades escoitouse esta mañá a reclamación dun fortelecemento dos servizos públicos, sobre todo da sanidade, a educación e os servizos sociais, así como de políticas de creación de emprego e riqueza no noso país.

Ampliación de oficinas para solicitar Chave 365
Após a CIG-Ensino instara á Consellaría a resolver os problemas de inscricións nas oposicións docentes polo retraso para obter a chave 365

CIG-Ensino insta á Consellaría a resolver os problemas de inscricións nas oposicións docentes polo retraso para obter a chave 365
Aos problemas xerais detectados nos centros de saúde para poder tramitar a chave 365 únese a demora na xestión nos rexistros da Xunta, que nalgúns caso daban onte cita previa para o día 19, último día de prazo para se inscribir nas oposicións

A Consellaría segue afogando o profesorado na burocracia
A elaboración dos novos informes individualizados carga ao profesorado cun traballo que non traerá beneficio algún ao alumnado e que provoca un maior incremento de burocracia
páxina 92 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |