Perdemos máis dun 15% de poder adquisitivo e limitan a suba do 2022 ao 2%

A Xunta de Galiza vén de publicar a orde de confección de nóminas para o ano 2022, recollendo a suba imposta desde Madrid e que Feijóo decidiu non mellorar

Cúmprese un ano da entrada en vigor da LOMLOE sen resolver a situación do profesorado técnico de FP

A CIG-Ensino vén reclamando desde o comezo a negociación do regulamento para o ingreso no corpo de PES e exixe que os efectos da integración teñan carácter retroactivo.

A CIG-Ensino non dá o seu apoio á OPE docente ao non se negociar conxuntamente coa de concurso de méritos e coas prazas de oposición extraordinaria

Procesos selectivos do 2022: unha situación extraordinaria require unha negociación seria e global

A CIG-Ensino solicita a actualización inmediata das listas de substitucións do corpo de mestres

Unha vez detectadas vacantes que non se puideron cubrir por falta de persoal cos perfís axeitados

CIG-Ensino reitera a exixencia da negociación de todas as prazas de ingreso, tanto de concurso como de oposición

En comparecencia antes dos medios de comunicación para valorar as declaracións do conselleiro, o secretario nacional da CIG-Ensino reclamou transparencia e axilidade para negociar todas as prazas

A CIG-Ensino non subscribe o XXIII convenio colectivo nacional de autoescolas por regresivo e involutivo, e que precariza aínda máis o xa mísero anterior convenio

O marco de negociación estatal refórzase pechando calquera outro ámbito de negociación e volve amosarnos como o sindicalismo estatal de pacto e entrega á patronal consolida a precariedade no sector

A CIG-Ensino exixe a negociación dos criterios para fixar as prazas de todos os procesos selectivos pendentes

O sindicato considera que a Consellaría non se pode limitar a anunciar as prazas de reposición: debe negociar a aplicación da Lei de redución da temporalidade

Volta ás aulas: tras o debate ficticio sobre a presencialidade reaparecen a desinformación e os recortes

Información da reunión mantida hoxe coas consellarías de Sanidade e Educación

O XII Convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil 0-3 debe aplicar a nova adaptación das súas táboas salariais xerais e de xestión indirecta

A adaptación ao SMI dos 965€ nas táboas salariais xerais e as novas táboas salariais de xestión indirecta no apartado “C” coa suba dun 1,1%, hai que aboalas xunto cos atrasos dende setembro do 2021, como data límite en xaneiro de 2022

A CIG-Ensino lamenta o falecemento do que foi o seu secretario nacional, Braulio Amaro

O sindicato, do que Braulio foi un destacado cadro sindical e dirixente, quere lembrar o compromiso que o acompañou até os seus últimos días.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.

DOG 9 Novembro 2026
Servizos mínimos para a folga xeral

A Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

DOG 9 Novembro 2026
Folga no ensino concertado

Publica o DOG a orde pola que a Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos para a folga no ensino concertado do 10 de novembro.