 
  
  
Información da Mesa Sectorial da Oferta Pública de Emprego e da Convocatoria de Oposicións
Venres 14 de xaneiro
Publicado o reparto de prazas por corpos e especialidades.
Publicada toda a información da mesa sectorial incluída a oferta de cambio de corpo.
Proxecto de decreto polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2022.
Ligazón ao borrador.
Orde convocatoria oposicións 2022.
Ligazón ao borrador.
A CIG-Ensino non dá o seu apoio á OPE docente ao non se negociar conxuntamente coa de concurso de méritos e coas prazas de oposición extraordinaria.
Procesos selectivos do 2022: unha situación extraordinaria require unha negociación seria e global.
Ligazón ao CIG-Informa.
Prazas de ingreso por corpo e especialidade
Ligazón ao CIG-Informa coa información das prazas de ingreso por corpo e especialidade.
| Corpo de Primaria e Infantil | ||||
| Código | Especialidade | Reserva persoas con discapacidade | Libre | Total | 
| 31 | Educación Infantil | 13 | 167 | 180 | 
| 32 | Inglés | 4 | 51 | 55 | 
| 33 | Francés | 6 | 84 | 90 | 
| 34 | Educación Física | 3 | 42 | 45 | 
| 35 | Música | 4 | 51 | 55 | 
| 36 | Pedagoxía Terapéutica | 10 | 130 | 140 | 
| 37 | Audición e Linguaxe | 9 | 126 | 135 | 
| 38 | Educación Primaria | 17 | 233 | 250 | 
| 
 | Total | 66 | 884 | 950 | 
| Corpo de profesores de ensino secundario | ||||
| Código | Especialidade | Reserva persoas con discapacidade | Libre | Total | 
| 1 | Filosofía | 3 | 42 | 45 | 
| 3 | Latín | 0 | 5 | 5 | 
| 4 | Lingua Castelá e Literatura | 5 | 70 | 75 | 
| 5 | Xeografía e Historia | 6 | 84 | 90 | 
| 6 | Matemáticas | 10 | 126 | 136 | 
| 7 | Física e Química | 5 | 73 | 78 | 
| 8 | Bioloxía e Xeoloxía | 5 | 67 | 72 | 
| 9 | Debuxo | 4 | 58 | 62 | 
| 10 | Francés | 3 | 37 | 40 | 
| 11 | Inglés | 9 | 116 | 125 | 
| 12 | Portugués | 0 | 4 | 4 | 
| 16 | Música | 1 | 7 | 8 | 
| 17 | Educación Física | 3 | 42 | 45 | 
| 18 | Orientación Educativa | 1 | 11 | 12 | 
| 19 | Tecnoloxía | 4 | 56 | 60 | 
| 53 | Lingua Galega e Literatura | 7 | 108 | 115 | 
| 101 | Administración de Empresas | 1 | 14 | 15 | 
| 102 | Análise e Química Industrial | 0 | 5 | 5 | 
| 103 | Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal | 1 | 7 | 8 | 
| 105 | Formación e Orientación Laboral | 2 | 33 | 35 | 
| 107 | Informática | 3 | 40 | 43 | 
| 110 | Organización e Xestión Comercial | 1 | 19 | 20 | 
| 111 | Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos | 1 | 9 | 10 | 
| 112 | Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica | 0 | 6 | 6 | 
| 113 | Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos | 1 | 6 | 7 | 
| 117 | Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos | 1 | 6 | 7 | 
| 118 | Procesos Sanitarios | 1 | 7 | 8 | 
| 124 | Sistemas Electrónicos | 1 | 15 | 16 | 
| 125 | Sistemas Electrotécnicos e Automáticos | 1 | 18 | 19 | 
| 
 | Total | 80 | 1091 | 1171 | 
| Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas | ||||
| Código | Especialidade | Reserva persoas con discapacidade | Libre | Total | 
| 1 | Alemán | 0 | 2 | 2 | 
| 8 | Francés | 1 | 6 | 7 | 
| 9 | Galego | 0 | 6 | 6 | 
| 11 | Inglés | 2 | 28 | 30 | 
| 
 | Total | 3 | 42 | 45 | 
| Corpo de profesores de artes plásticas e deseño | ||||
| Código | Especialidade | Reserva persoas con discapacidade | Libre | Total | 
| 503 | Conservación e restauración de obras escultóricas | 0 | 2 | 2 | 
| 504 | Conservación e restauración de obras pictóricas | 0 | 2 | 2 | 
| 508 | Debuxo técnico | 0 | 2 | 2 | 
| 511 | Deseño de produto | 0 | 1 | 1 | 
| 516 | Historia da arte | 0 | 1 | 1 | 
| 
 | Total | 0 | 8 | 8 | 
Prazas de acceso por corpo e especialidade
Ligazón ao CIG-Informa coa información das prazas de acceso por corpo e especialidade.
Varios
Ligazón ao CIG-Informa con todos os varios da mesa sectorial.
- Exiximos unha rectificación pública do conselleiro das súas declaracións sobre o persoal interino
A CIG-Ensino considera totalmente fóra de lugar as declaracións do conselleiro na rolda de prensa da presentación da oferta de emprego na que afirmou que a “boa situación do sistema educativo galego” estaba relacionado coa reducida porcentaxe de persoal interino en relación ao resto das comunidades do estado. A estabilidade laboral e nos claustros sempre é un elemento importante para para mellorar o noso traballo como docentes mais o traballo que realiza o persoal interino, como o que é funcionariado de carreira, non pode ser posto en cuestión, xa que todo o profesorado galego, con independencia da súa situación administrativa, foi e é un exemplo de esforzo e dedicación ao sistema educativo, e nestes dous anos de pandemia evidenciouse. É un insulto que o conselleiro non o recoñeza. 
- Sentenza cátedras conservatorio
En que situación nos atopamos ao respecto da execución das sentenzas? Que previsións ten a Consellaría? Hai algunha demanda de execución. Van comezar por resolver un incidente de execución dun colectivo de participantes que non obtivo praza e que solicitan que as prazas que poidan quedar vacantes pola perda de condición de catedrático lles sexan adxudicadas. A Consellaría entende que a sentenza non o permite e vanse dirixir ao TSXG para que aclare a situación. Mentres non haxa unha solución a este tema non poden facer nada máis. Agardan que para comezos de curso 2022/23 estea todo resolto. 
- Proceso de integración dos PTFP no corpo de PES
Sabendo que o regulamento para a integración é responsabilidade do Ministerio, preguntamos se a Consellaría tratou co MEFP as datas que manexa unha integración que vai cumprir agora un ano de retraso, para quen tiña o requisito de titulación. Afirman que non teñen ningunha información. Non pode haber procedemento sen que o Ministerio aprobe o Regulamento. Os efectos serán desde a entrada en vigor da nova Lei Orgánica de FP. 
-  Data finalizacións das substitucións do persoal adscrito a programas 
As substitucións das persoas mentoras que forman parte dos equipos de apoio dixital aos centros (DixitalGal) e das substitucións das persoas responsábeis das unidades de acompañamento e orientación persoal e familiar (RAOGAL) teñan data de remate a 30 de xuño. Solicitamos que sexan consideradas prazas de persoal interino, é dicir, que o nomeamento se alongue até 31 de agosto. Non van cambiar a data de finalización dos contratos. 
-  Coidado das crianzas: deber inescusábel 
Seguimos sen ter solución sobre que facer cando as nosas crianzas son contacto directo dun positivo por COVID ou cando lles pechan a aula, non poden acudir ao centro escolar pero nós non temos permiso para o seu coidado. Esiximos que se computen como o que son: un deber inescusábel. Alegan que non poden tomar esa decisión xa que excede das súas competencias, ao ser un tema que afecta a todo o persoal da Xunta. 
-  Plan de Igualdade para o persoal docente da Consellería de Educación 
Toda administración pública, na súa condición de empregadora, está obrigada a elaborar un Plan de Igualdade antes de marzo de 2022. Función Pública xa está negociando o seu para o persoal da administración xeral, que no caso da Consellería de Educación só afecta ao persoal non docente. A CIG-Ensino demanda que Educación comece a negocialo canto antes para o profesorado. Tratarán o tema coa secretaría xeral técnica. 
-  Comisión de baremación do CXT 
Cando está previsto que comece funcionar a comisión de baremación subxectiva? De igual forma preguntamos cando está previsto comezar coa publicación das puntuacións provisionais? Convocarán en breve. Non teñen datas previstas para a publicación provisional. 
- Actualización listas de mestres. Cobertura das baixas
Desde a CIG-Ensino xa solicitamos a actualización inmediata das listas de substitucións do corpo de mestres que entendemos necesaria para a cobertura de todas as baixas producidas pola 6ª vaga. De igual forma solicitamos que se cubran con urxencia todas as baixas do persoal dos centros educativos. A falta de persoal na Consellaría para realizar os chamamentos non pode ser desculpa para que os centros non vexan cubertas as súas necesidades. Informan de que comezaron a publicación das actualizacións nesta mesma mañá. 
-  Transparencia dos datos da pandemia
Por primeira vez desde setembro de 2020 o conselleiro deu datos da afectación da pandemia no profesorado como sempre solicitou a CIG. Demandamos que esa información se manteña e que poida servir de referencia para un estudo rigoroso sobre a saúde laboral do profesorado. 
- Datas da publicación das cátedras
Temos constancia de varios recursos de alzada aceptados que van variar a resolución do concurso de cátedras. Vai haber unha nova publicación? Cando está prevista a resolución definitiva? Entendemos que se mantén a data de efectos económicos e administrativos do 1 de xaneiro do 2022. Hai uns 80 recursos presentados. Unha vez analizados cales van ser aceptados publicarán que persoas adquiren a condición de cátedras, e esta condición será desde o 1 de xaneiro de 2022. 
-  Regulamentos Orgánicos de Centros
Levamos preguntando desde hai máis dun ano pola situación dos grupos de traballo que se nos dixo foron creados para redactar unha nova proposta dos ROC e non sabemos nada. Tratarán o tema coa secretaría xeral de educación. 



 
  
  
 
      