O XII Convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil 0-3 debe aplicar a nova adaptación das súas táboas salariais xerais e de xestión indirecta

A adaptación ao SMI dos 965€ nas táboas salariais xerais e as novas táboas salariais de xestión indirecta no apartado “C” coa suba dun 1,1%, hai que aboalas xunto cos atrasos dende setembro do 2021, como data límite en xaneiro de 2022

En aplicación do SMI, que acadou os 965€ en setembro deste ano 2021, e da disposición final 4ª do XII Convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil na etapa 0-3, os sindicatos e patronais asinantes do mesmo víronse na obriga de aceptar unha nova adaptación das táboas salariais xerais a dito SMI, desta vez sen retrasos como aconteceu nas anteriores que a CIG-Ensino tivera que denunciar ante a autoridade laboral competente.

Ditas táboas xerais terán que aplicarse dende a nómina de setembro de 2021, pagando os atrasos no prazo dun mes despois de saír publicadas no BOE (09/12/2021).

As educadoras terán un incremento de 25€ ( 15€ do SMI + 10€ do diferencial acordado coas categorías inferiores e “recoñecer” así a súa maior formación, responsabilidade e cualificación), pero non sobre os 968,09€ que xa tiñan asinados, senón sobre o SMI anterior (950€), é dicir, o ridículo diferencial de 18.09€ que tiñan nas anteriores táboas vese de novo rebaixado aos 10€.

Táboas salariais centros de educación infantil (Táboa xeral)

Táboas desde 1 de setembro 2021

  SALARIO MENSUAL SALARIO ANUAL (14 PAGAS) CPP (14)
GRUPO I. PERSOAL DE AULA      
Maestro 1.411,66 € 19.763,27 € 30,09 €
Educador Infantil 975 € 13.650,00 € 23,11 €
Auxiliar de apoio 965 € 13.510,00 € 15,92 €
       
GRUPO II. PERSOAL DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS      

Persoal especializado: logopeda, psicólogo, enfermero,

médico, pedagogo, asistente social, ...

1.401,30 € 19.618,18 € 29,54 €
       
GRUPO III. PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS      
Persoal de cociña 965 € 13.510,00 € 15,92 €
Persoal de limpeza 965 € 13.510,00 € 15,92 €
 Persoal de mantemento 965 € 13.510,00 € 15,92 €
Persoal de servizos xerais  965 € 13.510,00 € 15,92 €
Persoal administrativo  965 € 13.510,00 € 15,92 €
  SALARIO MENSUAL SALARIO ANUAL
CARGOS DIRECTIVOS TEMPORAIS    
Director 1.430,00 € 20.020,00 €
Subdirector 1.430,00 € 20.020,00 €
Director pedagóxico 1.430,00 € 20.020,00 €

Nota: O CPP do cargo directivo será o que lle corresponda ao seu posto de traballo

En aplicación dunha cláusula de revisión salarial introducida na Disposición Transitoria 8ª, do XII Convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil na etapa 0-3, as táboas salariais de xestión indirecta do apartado “C” terán un incremento do 1,1% dende setembro do 2021, sobre todas e cada unha das categorías e tendo que aboar os atrasos no mes seguinte a saír as táboas publicadas no BOE.

Táboas salariais centros de educación infantil (Xestión indirecta)

Apartado C

Táboas desde 01/09/2021 até 31/08/2022

  SALARIO MENSUAL SALARIO ANUAL (14 PAGAS) CPP (14)
GRUPO I. PERSOAL DE AULA      
Maestro 1.505,70 € 21.079,84 € 30,23 €
Educador Infantil 1.134,34 € 15.880,79 € 22,33 €
Auxiliar de apoio 1.031,22 € 14.437,08 € 16,32 €
       
GRUPO II. PERSOAL DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS      

Persoal especializado: logopeda, psicólogo, enfermero,

médico, pedagogo, asistente social, ...

1.494,66 € 20.925,19 € 29,66 €
GRUPO III. PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS      
Persoal de cociña 1.031,22 € 14.437,08 € 16,32 €
Persoal de limpeza 1.031,22 € 14.437,08 € 16,32 €
Persoal de mantemento 1.031,22 € 14.437,08 € 16,32 €
Persoal de servizos xerais 1.031,22 € 14.437,08 € 16,32 €
Persoal administrativo 1.031,22 € 14.437,08 € 16,32 €
  SALARIO MENSUAL SALARIO ANUAL
CARGOS DIRECTIVOS TEMPORAIS    
Director 1.525,26 € 21.353,60 €
Subdirector 1.525,26 € 21.353,60 €
Director pedagóxico 1.525,26 € 21.353,60 €

Nota: O CPP do cargo directivo será o que corresponda ao seu posto de traballo

*Esta cláusula de revisión salarial será de aplicación nas táboas xerais e nas de centros de obras sociais a partir de decembro de 2021, segundo quede o IPC nese mes, DISPOSICIÓN FINAL 5ª.

CIG

A CIG-Ensino non asinou estas adaptacións e revisións das táboas salariais posto que é responsabilidade dos asinantes do XII convenio, que aceptaron estas condicións salariais. Nós non as compartimos ao non asinar dito convenio e cualificar  ditas táboas salariais como insuficientes e precarias. Ademais, manteñen dúas discriminacións que nunca compartimos como é 1º o escaso diferencial das educadoras con respecto a categorías inferiores nas táboas xerais, que non están á  altura da súa formación, responsabilidade e funcións e incluso agora se reduce dito diferencial; e 2º  as diferenzas salariais entre as táboas xerais e as de xestión indirecta, as cales increméntanse e deberían ir no  sentido contrario reducíndose, pois sempre defendemos que a igual traballo igual salario.

Entendemos que estas adaptacións son obrigadas por convenio, ao igual que foron outras anteriores e virán máis, pois así o aceptaron os asinantes do convenio que nós refutamos, xa que nos  movemos nun convenio con  tanta precariedade salarial que xira en cantidades do SMI polo que reivindicamos salarios dignos no sector, así como melloras laborais e sociais.

 

 

O XII Convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil 0-3 debe aplicar a nova adaptación das súas táboas salariais xerais e de xestion indirecta

Documento


Volver