Inicio da campaña de revisións médicas 2026-2027
Campaña de vixilancia da saúde 2026/27
A Campaña deu comezo hoxe, 25 de setembro de 2026
Prazos de inscrición
Persoal nomeado antes do 25 de setembro
Dende o 25 de setembro ao 31 de outubro
Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois
Dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión
Persoal substituto
Dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2026, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.
Páxina de inscrición
Abril 2012. A CIG-Ensino presenta unha demanda contra a Consellaría de Educación no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por non ofrecer recoñecemento médico a máis de 30.000 docentes. A Consellaría segue a negar este dereito ao profesorado malia a recomendación feita polo Valedor do Pobo en resposta a unha queixa presentada pola CIG-Ensino.
Xuño 2012. O tribunal Superior de Xustiza de Galiza falla a favor da CIG-Ensino e obriga á Consellaría de Educación a ofrecer recoñecemento médico periódico ao profesorado. A Consellaría recorre a sentenza.
Maio 2013. O tribunal Supremo en sentenza firme volve fallar a favor da CIG-Ensino e obriga á Consellaría a ofertar revisións médicas anuais ao profesorado.
2014. Comézase, de forma deficiente, coas revisións médicas.
2023. A CIG-Ensino logra que a administración obrigue a empresa que realiza as revisións de saúde a ter toda a documentación na nosa lingua.
Na actualidade seguimos a demandar que as revisións de saúde do profesorado melloren e se realicen no SERGAS e non nunha empresa privada.
Breve historia da consecución das Revisións Médicas en CIG-Informas
Resolución
Instrucións
Dúbidas frecuentes
Ligazón á páxina informativa da Consellaría
Ligazón ao Servizo de prevención de riscos laborais

