
O Ministerio de Educación e Formación Profesional envía un terceiro borrador do Real Decreto de acceso e ingreso
O borrador foi remitido o 29 de decembro
No correo remitido polo Ministerio non se fai mención a unha nova reunión da Mesa de Negociación. Na Mesa do pasado día 21 de decembro a CIG-Ensino demandou que se celebrasen cantas reunións fosen necesarias antes de que se aprobase como Proxecto de Lei o texto proposto. Todo parece indicar que isto non vai ser así xa que na propia comunicación ministerial se fai mención ao texto como “proxecto de lei”.
Terceiro borrador de modificación do Real Decreto de acceso e ingreso. Ligazón
Algúns dos cambios introducidos van na liña das propostas da CIG-Ensino: valorar os méritos noutras especialidades, tanto do mesmo como noutros corpos ou ter en conta formación permanente. Porén, estes cambios non se introducen coa mesma proporción en función de que se trate do concurso oposición extraordinario ou do concurso excepcional. No primeiro caso a puntuación pola formación permanente chega ao tope do subapartado de “outros méritos” como propuxemos desde o sindicato, mentres que no concurso se limita a dous puntos sobre cinco, o que a todas luces é insuficiente e discriminatorio.
No resto do documento só se introduce outra novidade que tamén foi proposta da CIG-Ensino: a obriga de publicar, no concurso oposición extraordinario, as notas de cada unha das partes da fase de oposición.
Outros cambios no texto limítanse a melloras na redacción, como a aclaración de que non haxa fase de prácticas no concurso excepcional.
Con todo, para a CIG-Ensino, aínda recoñecendo algunha das melloras, o documento é inasumíbel polas mesmas razóns que nos levaron a rexeitalo na Mesa do día 21 e a fixar unha serie de propostas.
- Así acontece na vinculación das prazas cos procesos selectivos: concurso excepcional e concurso oposición extraordinario para as prazas fixadas na Lei 20/2021 e concurso oposición ordinario (para o que tamén presentamos propostas concretas de modificación) para as prazas de reposición.
- E tamén en aspectos concretos dos baremos, como é o caso de limitar a puntuación á experiencia en centros públicos nos dous procesos de estabilización, aumentar ao máximo do subapartado a formación permanente, incrementar a puntuación polo tempo traballado no concurso excepcional ou permitir que a nota máxima a sumar sexa superior á total.
CONCURSO OPOSICIÓN. SISTEMA EXTRAORDINARIO |
|
BORRADOR MINISTERIO |
PROPOSTA CIG-ENSINO |
Fase de oposición |
|
Valor ponderado: 60% (vinculado á Lei) O tribunal só fai pública a nota final e global e de cada unha das partes. (NOVIDADE 3º BORRADOR)
|
Valor ponderado: 60% Deben facerse públicas as notas de cada parte unha vez rematada cada unha ou, cando menos, ao final da fase de oposición.
|
Fase de concurso |
|
Só se acada esta puntuación sumando méritos nos tres bloques de puntuación: 10 puntos entre os tres e en total. |
A puntuación da suma dos tres bloques pode ser superior á puntuación máxima total: 12 puntos entre os tres bloques e 10 como máximo, que se poderían obter combinando a puntuación dos apartados de experiencia, formación e outros méritos como se detalla a continuación.
|
Experiencia previa |
|
|
Nun proceso excepcional como este compartimos que se prime a puntuación na especialidade mais entendemos que non se pode deixar de puntuar a experiencia noutras especialidade e corpos. Non é de recibo que non se puntúen mentres que si se fai con servizos en centros privados. |
Formación académica |
|
O borrador remite a un Anexo I que na actualidade só se refire á formación académica |
Máximo 2 puntos |
Outros méritos |
|
|
Máximo 3 puntos en todo o apartado de “outros méritos”
|
Non se indican criterios de desempate |
En caso de empate na nota da fase de oposición debe fixase o criterio de desempate na fase de concurso. De se producir un empate tamén na nota máxima desta fase (10 puntos) debe indicarse o criterio de desempate: - No caso de que se mantivese o empate, puntuación en cada un dos subapartados de cada bloque |
Acreditación do coñecemento da lingua cooficial nas CC.AA. con lingua propia |
Acreditación do coñecemento da lingua cooficial nas CC.AA. con lingua propia que será considerado como requisito. |
Fase de prácticas |
O profesorado cun determinado tempo de servizos en centros públicos (por exemplo, 2 anos) estará exento da fase de prácticas. |
CONVOCATORIA EXCEPCIONAL. CONCURSO ÚNICO |
|
BORRADOR MINISTERIO |
PROPOSTA CIG-ENSINO |
Só se acada a puntuación máxima sumando méritos nos tres bloques de puntuación: 15 puntos entre os tres e en total. |
A puntuación máxima da suma dos tres bloques pode ser superior á puntuación máxima total: 15 puntos entre os tres bloques e 10 como máximo. |
Experiencia previa |
|
|
|
Formación académica |
|
- Máximo 3 puntos |
- Máximo 3 puntos |
Outros méritos |
|
|
Máximo 4 puntos en todo o apartado de “outros méritos”
|
Non se indican criterios de desempate |
En caso de empate na nota máxima (10 puntos) debe indicarse o criterio de desempate: - No caso de que se mantivese o empate, puntuación en cada un dos subapartados de cada bloque |
Acreditación do coñecemento da lingua cooficial nas CC.AA. con lingua propia |
Acreditación do coñecemento da lingua cooficial nas CC.AA. con lingua propia que será considerado como requisito. |
Non hai fase de prácticas. |
Non se pode exixir a fase de prácticas xa que esta ten un carácter eliminatorio ao considerarse como unha parte máis do proceso selectivo. Ao se tratar dun concurso non cabe esta opción. |
O Ministerio de Educación e Formación Profesional envía un terceiro borrador do Real Decreto de acceso e ingreso
Novas relacionadas
