A CIG-Ensino solicita a actualización inmediata das listas de substitucións do corpo de mestres

Unha vez detectadas vacantes que non se puideron cubrir por falta de persoal cos perfís axeitados

Actualización

Confirmóusenos na mesa sectorial que a nosa solicitude de actualización dos listados de substitucións de primaria están pendentes de sinatura e que serán publicados nos vindeiros días.

Desde a CIG-Ensino acabamos de pórnos en contacto coa administración para que actualice as listas de substitucións do corpo de mestres.

Desde o sindicato entendemos que non é de recibo que meses despois de rematado o proceso selectivo e vendo as carencias de persoal para poder facer as substitucións necesarias esta actualización siga sen estar feita.

Esperamos que a actualización se produza nos vindeiros días e así o volveremos solicitar na mesa sectorial que se celebrará mañá venres.

Volver