Información da mesa sectorial de 16, 22 e 23 de marzo

Ordenación das modalidades deportivas, orde da atención á diversidade e varios currículos de FP

10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

A xornada reivindicativa coincide este 2021 coa convocatoria dunha folga comarcal en Ferrolterra e inclúe mobilizacións en catro grandes cidades galegas.

Publicada a resolución provisional do CXT de primaria, orientación e adultos do corpo de mestres

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

Milleiros de mulleres participan na folga e nas mobilizacións convocadas pola CIG este 8M

Malia o acoso e a criminalización institucional as traballadoras galegas volven demostrar nas rúas a súa inmensa capacidade de loita

CIG-Ensino cualifica de improcedente e arbitraria a actuación da Xefa Territorial de Lugo censurando cartaces da folga do 8M no IES Illa de Sarón de Xove

O sindicato considera totalmente impresentábel a presenza dun axente da Garda Civil no interior do centro educativo e pide explicacións á Subdelegación do Goberno

CIG Ensino e ASPG poñen en aberto as videoconferencias das XVIII Xornadas das mulleres

Tiveron lugar esta fin de semana pasada e desenvolvéronse a través de videoconferencias

A CIG-Ensino rexeita o traslado da escola infantil Santa Marta ao edificio do Instituto Municipal de Educación

O Concello de Vigo debería manter o centro educativo na súa ubicación actual

A CIG esíxelle á Xunta que reclame a transferencia da xestión do colexio militar Salvador Moreno de Pontevedra

A central sindical solicita tamén que se cambie o nome do centro por ser franquista e que se coloque a bandeira galega no edificio

SERVIZOS MÁXIMOS no lugar de mínimos

Publican os servizos "máximos" o último día hábil antes da folga

Información do seguimento da campaña de vacinación nos centros educativos

Na mañá de hoxe CIG-Ensino participou nunha reunión de seguimento da marcha da campaña de vacinación coa Consellaría de Educación e a Dirección Xeral de Saúde Pública

Publicada a adxudicación provisional do CXT

Para os corpos de secundaria e outros corpos

As molestias derivadas da vacina Covid xustificaranse cunha declaración responsábel

A Consellaría atende así a demanda da CIG-Ensino na mesa sectorial

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
DOG 19 Xuño 2025
Proxectos de fomento do galego

Concede a Consellaría a as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego do curso escolar 2024/25.

DOG 18 Xuño 2025
Prazas sometidas a convenio

Publica o DOG o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

DOG 18 Xuño 2025
Lingua galega en Londres

O DOG publica o concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (o Reino Unido).

Outros 17 Xuño 2025
Cursos CELGA e de linguaxe administrativa

Anuncia a Consellaría a convocatoria de cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas no curso académico 2025/26.

Outros 17 Xuño 2025
Préstamo de libros de texto

Publicada a regulación do fondo de préstamo de libros de texto, Fondo E-Dixgal, para centros participantes no programa E-Dixgal para o curso escolar 2025/26.

Outros 16 Xuño 2025
Bacharelato de ciencias e tecnoloxía

A web da Consellaría publica a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2025/26.

Convocatorias 15 Xuño 2025
Prazo para restrinxir por concellos e provincias

En vigor o prazo para o profesorado interino e substituto solicitar realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.