A CIG-Ensino logra que a Consellaría de Educación rectifique nos chamamentos ao persoal para cubrir as prazas dos programas Recupera-T

Unha vez logrado onte que os Proa+ e os Arcos fosen de chamamento único quedaba lograr que os chamamentos feitos por un erro da administración para os ARCO en secundaria se arranxaran. E acabamos de logralo, van comezar de novo o proceso dos chamamentos.

A administración fará conxuntamente os chamamentos de ambos programas.

O venres, 1 de outubro, a Consellaría de educación publicou a resolución definitiva dos contratos programas Recupera-T, que inclúe os programas Arco e Proa +.

O luns, a mesma Consellaría, colga as vacantes para comezar cos chamamentos, pero non as carga todas. Oferta só as vacantes do programa Arco, que son até o 21 de decembro  e non ofertando as vacantes do programa Proa+, que son para todo o ano.

Desde a CIG-Ensino tan pronto fomos coñecedoras desta situación puxémonos en contacto coa administración para que dese unha solución ao problema creado pola propia consellaría ao non subir as vacantes do Proa+.

Na mañá de hoxe, martes 5 de outubro, a Consellaría comunicounos que van facer os chamamentos unha vez teñan colgadas as vacantes de ambos programas.

Indicounos á súa vez que tentarían comezar cos chamamentos mañá, mércores, 6 de outubro. 

Actualización

Unha vez logrado onte que os Proa+ e os Arcos fosen de chamamento único quedaba lograr que os chamamentos feitos por un erro da administración para os ARCO en secundaria se arranxaran. E acabamos de logralo, van comezar de novo o proceso dos chamamentos, vai ser complicado, pero van tentar amañar o erro.

Volver