resultados
O Correlingua 2022 fixo vibrar aos escolares de Pontevedra na súa inauguración
A festa estivo presentada por Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Mekánika Rolling Band

Publicados os listados definitivos do persoal opositor
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación

Por un bacharelato digno nos Ancares
A CIG Ensino apoiou, na tarde do martes 3 de maio, á comunidade educativa do IES de Becerreá nunha manifestación por un bacharelato digno na comarca dos Ancares

Pontevedra inaugura o Correlingua 2022 baixo o lema Fálame
A festa inicial será presentada por Isabel Risco na Alameda o 4 de maio ás doce horas

A CIG-Ensino comeza unha recollida de sinaturas para a integración de todos os corpos do profesorado no grupo A1
O sindicato vén de remitir un escrito á ministra Alegría para que abra inmediatamente as negociacións dun Estatuto Docente que regule a igualdade de dereitos de todo o profesorado
Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG este 1º de Maio para esixir políticas públicas e salarios dignos contra a pobreza
O secretario xeral reclamou medidas urxentes para afrontar a crise, frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna

A CIG-Ensino chama á Consellaría a abandonar a unilateralidade na reforma da ESO e o Bacharelato
O sindicato recolle nestes días numerosas queixas de profesorado pola improvisación e os cambios curriculares anunciados

Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”
A plataforma cidadá, da que forma parte a CIG entre 500 entidades sociais e culturais, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”
A CIG convoca mobilizacións en cidades e vilas este Primeiro de Maio
A central sindical reclama políticas públicas e salarios dignos para combater a pobreza

A CIG-Ensino insta á Consellaría a que modifique a rede de orientación dos centros galegos
O sindicato insiste en que cese a discriminación das crianzas da educación infantil

A CIG-Ensino denuncia a actuación da Consellaría ao respecto do IES Val do Asma de Chantada
O sindicato considera un despropósito a falta de coordinación interna na Consellaría de Educación sobre o futuro dos centros de Chantada e insta ao conselleiro a manter a actual oferta

Información da mesa sectorial: prazas e decreto das OPEs da Lei 20/2021 e atención preferente
A mesa desenvolveuse o martes 26 de abril
páxina 54 de 309