Información da Mesa sectorial do 22 de marzo

Concurso de direccións, a acreditación da Competencia Dixital Docente, a convocatoria de EOE, a Orde que modifica o CADP e o complemento compensador de FP

Concurso para as direccións dos centros educativos

Orde que regula o Concurso de méritos ás direccións. Ligazón

CIG-Informa da negociación en mesa sectorial. Ligazón

Acreditación da competencia Dixital Docente

Proposta de Orde para a Acreditación da Competencia Dixital Docente. Ligazón

CIG-Informa da negociación en mesa sectorial. Ligazón

Concurso para os Equipos de Orientación Específicos (EOE)

Convocatoria EOE. Ligazón

CIG-Informa da negociación en mesa sectorial. Ligazón

Orde que modifica a orde do CADP

Orde que modifica o CADP. Ligazón

CIG-Informa da negociación en mesa sectorial. Ligazón

Complemento compensador do profesorado técnico de FP (corpo a extinguir)

Complemento compensador da FP. Ligazón

CIG-Informa da negociación na mesa sectorial. Ligazón

A CIG-Ensino volveu esixir que a Xunta elimine as desigualdades na FP na negociación do complemento compensador de 146,93 euros mensuais para o profesorado técnico a extinguir.

O sindicato pediulle á Consellaría que iguale os dereitos retributivos tamén de quen vai pasar ao novo corpo de profesorado especialista de sectores singulares da FP tanto de forma fixa como temporal.

Información da negociación en mesa sectorial. Ligazón

Varios

Ligazón ao CIG-Informa cos varios da mesa sectorial

  • A lingua galega na ESO

    Nun informe recentemente publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística sobre a lingua nos centros públicos de ensino secundario queda claro o impacto negativo para a nosa lingua da implantación do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza.

    Destacando que centros que contan con EDIXGAL, o español ten garantido o 40,62% das horas lectivas, fronte ao 22,65% do galego e o 12,5% doutras linguas.

    Onde están as avaliacións que marca o propio decreto -cada catro anos- de cara a comprobar os seus efectos e introducir a melloras ou cambios necesarios? Levamos 13 anos, é dicir 3 avaliacións non feitas.

    Poderíase pensar que estamos ante outra neglixencia da Xunta mais todo indica que esta política de eliminación paulatina de calquera presenza do galego nas aulas é intencionada e está perfectamente calculada. 

    Ligazón ao informe completo.

  • Oposicións: a Consellaría debe garantir o dereito das persoas aspirantes a unha avaliación xusta

    Unha sentenza recente pon en cuestión a actuación dun tribunal de Danza Clásica por non ter publicados con anterioridade os criterios de avaliación. A CIG-Ensino sempre fixo fincapé na necesidade de que todas as persoas que participan nun proceso selectivo teña a garantía de que van ser avaliadas con  obxectividade e con  coñecemento previo dos criterios de avaliación e, cando sexa posíbel unha rúbrica. A Consellaría debe atender as nosas propostas para que na orde de convocatoria das oposicións se fixe coa maior concreción as actuacións e os prazos que deben cumprir os tribunais. 

  • Publicación da resolución do concurso excepcional de méritos

    A Consellaría informa que ten previsto publicar o baremo provisional coas puntuacións por orde alfabética na segunda semana de abril. 

    Esa publicación non será de adxudicación de prazas senón para poder revisar a puntuación que obtén cada persoa e poder reclamar. Unha persoa que participa en varias especialidades aparecerá en todas elas, xa que a puntuación variará no apartado de experiencia docente. Só publicarán a puntuación das persoas que superan a nota de corte fixada polo algoritmo para entrar nesa baremación.

  • Reintegros individuais por formación

    Non obtivemos resposta por parte da DX na última mesa e insistimos na nosa demanda de que se publique a orde e que se poidan solicitar os reintegros por gastos de formación desde que non se publica a orde. 

    Tamén insistimos en que se convoque a reunión da comisión de formación. 

  • Negociación do recoñecemento de funcións docentes (departamentos, coordinacións)

    A Consellaría recoñeceu que era legalmente factíbel recoñecer aquelas funcións que a día de hoxe non teñen ese recoñecemento nin a nivel administrativo (redución horaria ou de puntuación) nin retributivo, como é o caso de  igualdade, benestar, bibliotecas, xefaturas de departamento de ámbitos na FP Básica ou segundas linguas estranxeiras. A día de hoxe non fixo nada e a CIG-Ensino exixe que se traia á Mesa.

    O subdirector xeral de persoal indica que esa orde sería competencia da dirección xeral de ordenación.

  • Estadías formativas en empresas para profesorado de FP

    Desde o ano 2020 eliminouse no texto da convocatoria das estadías formativas en empresas dirixidas ao profesorado de FP e das ensinanzas de artes plásticas e deseño a posibilidade de escoller unha empresa no estranxeiro. Todos os anos había algunha solicitude deste tipo e é unha demanda do colectivo docente poder seguir facéndoo. Agora xa non hai restricións de mobilidade derivadas da pandemia e non ten sentido manter esta limitación. En xeral para calquera familia profesional, é obvio que este tipo de estadías poden ser moi proveitosas para o profesorado polo que reclamamos que se incorporen.

  • Instrucións sobre a xestión das baixas médicas

    Na pasada Mesa demandamos que a Consellaría publicara unha Circular con instrucións sobre os cambios que entrarán en vigor o 1 de abril.

    Hoxe a Consellaría informou que non o fixo aínda porque están á espera de ver como se vai facer no conxunto da Xunta. 

    Pendente de confirmación, a pretensión da Xunta é a seguinte: 

    • O SERGAS emitirá unha información da baixa ao CIXTEC. 
    • O CIXTEC enviará aos centros a comunicación da baixa. O trámite desde a aprobación da baixa até a recepción nos centros non será superior a 24 horas. 
    • Esta medida afectará a todo o profesorado do Réxime Xeral da Seguridade Social e a aquel profesorado de MUFACE con prestación sanitaria no SERGAS. O profesorado de MUFACE con prestación privada terá que seguir tramitando as baixas como sempre. 

Volver