Novidades nas prestacións sociais e nas axudas sociosanitarias de MUFACE
Os cambios foron comunicados na reunión do Consello Xeral do 28 de marzo
Na reunión do Consello Xeral de MUFACE, que tivo lugar o martes 28 de marzo en Madrid, a Mutua do funcionariado civil do Estado, ao que pertencen obrigatoriamente todo o profesorado funcionario de carreira, trasladou unha serie de modificacións nas axudas sociosanitarias que cubre a entidade. Algunhas delas afectan só a persoas mutualistas obrigatorias e outras tamén a mutualistas beneficiarias (fillos e fillas...).
NOVIDADES NAS AXUDAS SOCIOSANITARIAS
- Atención a persoas de enfermidades celíacas: non será preciso aportar informe médico se se obtivo axuda na convocatoria do 2022.
- Incremento da contía da axuda para persoas con enfermidade oncolóxica: as axudas por próteses capilares será de 200 euros; por suxeitadores postumorectomía, postmastectomía e outras prendas de natureza similar pasan a 75 euros, mantendo un número máximo de 2 pezas por ano.
PRAZO DE SOLICITUDE: do 28 de marzo ata o 31 de decembro de 2023, inclusive.
MEDIOS DE SOLICITUDE: poden tramitarse a través da Sede Electrónica de MUFACE as seguintes solicitudes:
- Solicitudes do programa para facilitar a autonomía persoal nas súas tres modalidades:
- Mantemento e potenciación da capacidade residual.
- Eliminación de barreiras arquitectónicas (novidade na sede elec.).
- Adquisición de medios e axudas técnicas (novidade na sede elec.).
- Solicitudes do programa de persoas en situación de drogodependencia (novidade na sede elec.).
- Solicitudes do programa para persoas con enfermidade celíaca.
- Solicitudes do programa de axudas para persoas con enfermidade oncolóxica.
BOLSAS DE ESTUDO PARA MUTUALISTAS 2023 (NON PARA PERSOAS BENEFICIARIAS)
- Revísase a contía das axudas á alza, incrementando a 275
- Poderán presentarse as axudas desde o seguinte día de publicación no BOE (prevista para mediados de abril) e realizarase exclusivamente a través da Sede Electrónica de MUFACE.
RECEITA ELECTRÓNICA
A implantación da receita electrónica segue mantendo dous ritmos diferentes. Para mutualistas con asistencia sanitaria pública está xa dispoñíbel en todas as CCAA e as galegas e galegos xa podemos empregala en todo o estado.
A implantación da receita electrónica no caso da optar por entidades privadas só está implantada neste momento en Cantabria, Illas Canarias e Estremadura e irase implantando progresivamente nas demais CCAA, coa previsión de que estea vixente en todo o estado ao longo de 2024.
NOVIDADES NA APP MÓBIL MUFACE.
Na reunión informaron de que hai novidades e novos trámites que se poden efectuar desde a aplicación móbil:
- Integración co sistema de identificación electrónica Cl@ve PIN.
- Solicitude de prestacións dentarias.
- Solicitude de prestacións oculares.
Lembramos que xa existen outras funcións que se poden realizar desde a app:
- Localizar oficinas MUFACE.
- Servizo de petición de cita previa.
- Contactar coa Oficina de Atención ao Mutualista.
- Solicitar talonario de receitas.
- Solicitar Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)
- Acceder á tarxeta de afiliación.
- Revisar o estado das solicitudes.
O sindicato chama a incrementar as axudas e a estendelas a todo o persoal
A CIG reitera a demanda de que se incrementen as axudas conxeladas desde hai anos. Estas axudas que cos recortes quedaron moi reducidas, son hoxe escandalosamente mínimas tendo en conta a evolución dos prezos e a limitación nas subas retributivas.
O sindicato critica igualmente á Xunta de Galiza por non estender estas axudas, como mínimo, a todo o persoal (lembremos que o profesorado interino non é mutualista). A negativa do goberno galego a recuperar o Fondo de Acción Social previo aos recortes ou a incorporar nel axudas como as que existen en MUFACE provoca novamente unha diferenciación inxusta.
Podes consultar as contías actuais de axudas sociosanitarias neste CIG-Informa. LIGAZÓN.