Decepción e continuísmo. O novo conselleiro de Educación non modifica ningún aspecto relevante do Protocolo para o curso 2020/21

Na súa intervención no Consello Escolar de Galiza non fixo ningunha referencia ás principais demandas da CIG-Ensino de cumprir a distancia mínima de 1,5 metros en infantil, primaria e educación especial nin sobre a non incorporación do persoal de risco.

O CPI Mosteiro Meis obrigado a comezar o curso sen equipo directivo.

A CIG-Ensino denuncia a grave irresponsabilidade do Xefe Territorial César Pérez Ares, e do inspector de educación Daniel Rodríguez Alleres ao ordenar empezar o curso con "Normalidade" a un centro sen equipo directivo

Un estudo realizado pola CIG-Ensino confirma o caos provocado pola Consellaría nos centros de secundaria e FP a menos dunha semana para o comezo das clases

A modificación á alza da distancia de 1,5 metros, tras a convocatoria de folga, con máis de dous meses de atraso sobre o primeiro documento pactado co Ministerio, provoca un profundo malestar nos centros pola escasa marxe para aplicar os cambios

A Consellaría de Educación impón uns servizos mínimos abusivos que pretenden impedir o exercicio do dereito á folga

A primeira decisión de Román Rodríguez como conselleiro é implantar uns servizos mínimos contestados polo comité de folga e que a CIG recorrerá perante o TSXG en canto se publiquen no DOG

A dous días do comezo do curso o profesorado intensifica o seu rexeitamento ao protocolo da Xunta

Varios centros educativos, nomeadamente de infantil e primaria, comparten imaxes nas que reivindican máis persoal e menos rateos para poder cumprir a distancia de seguridade de 1,5 metros que recomendan as autoridades sanitarias.

Asociacións de nais e pais e de alumnado apoian a convocatoria de folga por un ensino presencial que non poña en risco a saúde

Coincidindo coa designación do “novo” conselleiro de Educación, agardan que se produza un xiro nas políticas da Xunta e se negocie un novo protocolo que garanta a distancia de seguridade de 1,5 metros en todas as etapas.

O profesorado interino e substituto contaxiado ou en corentena pola COVID-19 tomará posesión sen perda retributiva nin de cotización

Así o vén de confirmar a Consellaría de Educación en resposta a un escrito remitido pola CIG-Ensino no que se solicitaba evitar calquera discriminación ao colectivo no inicio dos seus contratos

Concentración diante do Parlamento de Galiza como antesala á folga pola seguridade e a protección fronte á COVID no curso 2020/21

Coincidindo coa votación de investidura de Feijóo como presidente da Xunta, delegadas da CIG-Ensino e das outras tres organizacións convocantes da folga o 10 e 16 de setembro, volveron reclamar a negociación do protocolo para a volta segura ás aulas

Profesorado vulnerábel á COVID-19: a Consellaría obriga a todo o persoal a acudir ao centro e elimina do protocolo “definitivo” toda a información sobre a xestión de peticións de vulnerabilidade

A administración mantén o cambio introducido na versión do protocolo do 22 de xullo, totalmente contraria ao aprobado para este profesorado vulnerábel no último trimestre co curso 2020/21, cando podía manter o traballo docente desde a casa

A CIG-Ensino reclama que o profesorado interino ou substituto en situación de corentena ou illamento preventivo poida tomar posesión con plenos dereitos

Nun escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos o sindicato faise eco das numerosas dúbidas recibidas estes días por parte de persoal con esta casuística que non pode verse discriminado por cumprir as medidas sanitarias

A convocatoria de folga fai rectificar á Xunta pero as medidas seguen sendo “insuficientes e desiguais” para as distintas etapas educativas

A Consellaría adiantou seis días a publicación do Protocolo “definitivo” para o curso 2020/21 tres días despois do rexistro da convocatoria de folga para o 10 e 16 de setembro e xusto unhas horas despois de que se fixeran públicas as mobilizacións

Mobilizacións e folga os días 10 e 16 de setembro por un ensino presencial con seguridade

Nunha rolda de prensa conxunta, CIG, CCOO, STEG e CSIF presentaron hoxe en Compostela as accións que promoven no marco da segunda fase de mobilizacións contra o protocolo da Consellaría de Educación

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

DOG 9 Novembro 2026
Servizos mínimos para a folga xeral

A Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

DOG 9 Novembro 2026
Folga no ensino concertado

Publica o DOG a orde pola que a Consellaría de presidencia publica os servizos mínimos para a folga no ensino concertado do 10 de novembro.

Outros 9 Novembro 2026
Formación para profesorado de FP e réxime especial

Resolución provisional de proxectos de formación do profesorado de FP e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2026-2027.

Outros 9 Novembro 2026
Prácticum de secundaria

Listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado de Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2026/27.

Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.