• CRA de Narón. .jpg
  • CPI de Vedra.jpg
  • Ceip Virxe do Mar. Narón .jpg
  • CEIP San Pedro de Visma A Coruña.jpg
  • Ceip Os Casais. Fene.jpg
  • CEIP Monterroso. Lugo.jpg
  • CEIP Manuel Mallo. Lugo.jpg
  • Ceip Isaac Peral. Ferrol.jpg
  • Ceip A Solaina. Narón .jpg
  • CEIP A Escardia. Vilagarcia de Arousa.jpg
  • CEIP de Parada - Campañó.jpg
  • IES Camilo José Cela. Padrón.jpg
  • CEIP Recimil. Ferrol.jpg
  • CEIP Princesa de España. Verín.jpg
  • CEIP Pena de Francia - Mos. Vigo.jpg
  • Ceip de Covas. Viveiro.jpg
  • CEIP do Camiño Inglés. Oroso.jpg
  • CEIP Mugardos.jpg
  • CEIP Centieiras. Fene.jpg
  • CEIP de Barouta. Ames.jpg
  • CEIP Monte dos Postes. Composetela.jpg
  • IES Agra de Leboris A Laracha.jpg
  • CEIP Rosalía de Castro. Padrón.jpg
  • CEIP Juan Fernández Latorre. A Coruña.jpg
  • CEIP Vista Alegre. Burela.jpg
  • CEIP Mestre Pastor Barral de Melide.JPG
  • IES Félix Muriel. Rianxo.jpg
  • IES A Sangriña. A Guarda.jpeg
  • ES do Castro, Vigo.jpg
  • CEIP Santa Rita. Viveiro.jpg
  • CEIP O Hío, Cangas.jpg
  • CEIP Bergantiños.JPG

A dous días do comezo do curso o profesorado intensifica o seu rexeitamento ao protocolo da Xunta

Varios centros educativos, nomeadamente de infantil e primaria, comparten imaxes nas que reivindican máis persoal e menos rateos para poder cumprir a distancia de seguridade de 1,5 metros que recomendan as autoridades sanitarias.

A CIG-Ensino desmonta unha vez máis a falacia das contratacións de profesorado de reforzo. Comparativamente co CADP do ano pasado, só se incrementaron en 213 as interinidades no corpo de mestras, unha cifra bastante baixa se temos en conta que o número de xubilacións roldou as 400 e que este ano non houbo oposicións. Así mesmo, as tan anunciadas prazas do programa Arco só chegarán a 543 contratacións a media xornada, o que na práctica se traduce en 271 postos de traballo completos, na mesma liña que en cursos anteriores.

Medra a indignación entre o profesorado galego a medida que intenta cadrar nos centros educativos as esixencias da última versión do protocolo publicado pola Consellaría de Educación que, “no importante, son insuficientes para protexer a seguridade e a saúde dos membros da comunidade educativa e, no complementario, se converten en inasumíbeis por falta de recursos e de persoal para cumprilas”. Isto é, a distancia de seguridade ou a adaptación dos espazos en canto a cuestións como a ventilación seguen a ser materias pendentes que a administración só aceptou incorporar nas etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional (aínda que falta por ver se realmente se concreta en maiores desdobres e na contratación de máis persoal).

O sistema métrico fóra das etapas máis vulnerábeis

O ensino público galego vive instalado nunha realidade paralela en canto á volta ás aulas. Mentres que o metro e medio de distancia, medido iso si entre o centro dos corpos e non os seus extremos, xa é referencia nas etapas educativas superiores (agás no caso das ensinanzas de idiomas e de réxime especial que son obviadas no protocolo da Xunta), nos niveis máis baixos a Consellaría fía todo aos grupos de convivencia estábel e á estanquidade destes. En cada versión do protocolo se acuñou un novo concepto para evitar sacar a cinta métrica á hora de fixar a distribución nas aulas do alumnado máis vulnerábel nesta crise sanitaria e educativa. As persoas que ostentan o poder na Consellaría de Educación non poden deixar de lado ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo, aos menores de 3 a 5 anos e aos da franxa de idade entre 6 e 12 cando son precisamente quen máis dificultades teñen á hora de manexar os equipos de protección e á hora de levar a cabo a hixiene e desinfección do material por inmadurez e mesmo por falta de habilidades motoras e, por outra banda, os que precisan de maior contacto interpersoal e de traballo colaborativo. Por iso, as principais mostras de rexeitamento que se están a facer públicas estes días nas redes sociais proceden de centros de infantil, primaria e educación especial que se senten particularmente ignorados e menosprezados pola administración. Á CIG-Ensino chegáronnos imaxes de concentracións nos centros nos que se poden ler mensaxes reivindicando a diminución das ratios e a necesidade de maiores recursos humanos para que a crise sanitaria non afonde máis na crise educativa que xa estamos a padecer.

A falacia das contratacións

Desde a CIG-Ensino instamos ao “novo” conselleiro de Educación que deixe a propaganda a un lado e escoite realmente as necesidades do profesorado e dos centros educativos e que rectifique os aspectos máis lesivos do protocolo elaborado polo departamento no que permanecen todos os altos cargos da súa anterior etapa á fronte. Ademais, lembra que os anuncios de contratación de profesorado de reforzo para adaptarse ás necesidades derivadas da pandemia quedaron en nada e mesmo as cifras se sitúan en incrementos máis baixos que outros anos. Neste sentido, é un feito constatábel que este curso só se adxudicaron 213 prazas máis con respecto ao anterior no corpo de mestras, o que choca claramente co número de xubilacións efectivas, que roldaron as 400, e co feito de que non houbo oposicións, o que normalmente trae aparellado un considerábel aumento nas contratacións de todo o curso.

Así mesmo, no sindicato maioritario no ensino público esperan que Román Rodríguez non empregue o programa Arco, que leva desde 2014 aplicándose en Galiza, para relacionar a contratación de como moito 543 persoas a media xornada con efectivos de reforzo pola Covid-19. A incorporación deste profesorado realizarase no mellor dos casos en outubro e poderá beneficiar só ao 38% dos centros de primaria de todo o país e a un mínimo de 161 e un máximo de 232 centros dos que imparten ensinanzas de secundaria que suman en total 318 en toda Galiza.

Máis razóns para a folga

A falta de concreción na baixada de ratios e na contratación de persoal de reforzo, tanto docente como non docente, así como a discriminación existente entre as condicións de seguridade nas aulas das distintas etapas educativas fan máis necesaria ca nunca unha resposta contundente en forma de apoio masivo ás convocatorias de folga para os días 10 e 16. Lémbrase a todo o profesorado indignado con esta situación e coa actitude da Consellaría que, aínda que eses días non lle corresponda atender presencialmente aos seus grupos porque a presentación se faga outro día ou se incorporen por primeira vez ao centro poden exercer igualmente o seu dereito á folga. Desde onte sumáronse os apoios das dúas principais asociacións de ANPAs do ensino público galego así como as organizacións estudantís Erguer e Anega.

Volver