Unha reunión que chega 6 semanas tarde e non abre expectativas de cambio na Consellaría de Educación

As organizacións sindicais agardamos case un mes e medio para que a máxima responsábel en materia educativa mantivese unha reunión moi demandada e que se limitou a un acto unicamente formal que só tería sentido que se producise ao inicio do confinamento

A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo

Estas accións despois de semanas de presentar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas

Oposicións aprazadas: a Consellaría réndese á evidencia mais mantén a inscrición

Finalmente foi no Parlamento Galego onde Pomar rectificou e anunciou que se aprazan ao 2021 as oposicións previstas para o mes de xuño, todo despois de manter unha posición numantina, insostíbel e imprudente durante semanas

Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado e a práctica totalidade suspende a actuación da Consellaría nesta crise

Os datos extráense dunha enquisa realizada pola CIG-Ensino entre o día 11 e o 16 de abril e que contou coa participación de 6.352 docentes

Convocada videoconferencia da conselleria con organizacións sindicais e ANPAs

Vimos de recibir unha convocatoria para unha reunión coa conselleira de Educación para o xoves 23 de abril ás 17 horas. Nesta reunión participarán organizacións sindicais con representación no ensino público e no concertado así como federacións de ANPAs

Novas instrucións provisionais da Consellaría

Para estas instrucións non era necesaria a espera

O terceiro trimestre comeza cunha Consellaría paralizada

O martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre e toda a comunidade escolar segue sen instrucións da Consellaría

Hai que aprazar as oposicións docentes

Todo o demais é someter a miles de persoas a un engano.

Información da reunión sindical co ministro de Universidades

A CIG, organización sindical maioritaria en Galiza, participou na tarde do día 8 de abril nunha xuntanza telemática co Ministerio de Universidades, Manuel Castells, o Director Xeral de Universidades e a Directora de Gabinete do ministerio

Oposicións 2020: abonda xa de incompetencia e falta de respecto

Coa carta emitida aos sindicatos esta mañá a conselleira de Educación demostra unha incongruencia total coa súa anterior comunicación ao respecto de que só se manterían as oposicións se se levantase o estado de alarma o vindeiro 11 de abril

A CIG chama a unha xornada de protesta o 10 de abril para esixir medidas de protección social xustas

O venres 10 de abril ás 12 horas o profesorado tamén ten motivos para facerse escoitar

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
2026
Outros 19 Xuño 2026
Comisións de saúde

Publica a Consellaría a resolución provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas. 

DOG 18 Xuño 2026
Prazo para participar no CADP

A Consellaría anuncia a apertura do prazo para participar no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais, que será do 19 de xuño ao 10 de xullo.

Outros 18 Xuño 2026
Non participación no CADP

Publicada a listaxe que recolle as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2026-2027.

DOG 17 Xuño 2026
Instrucións para ensinanzas de adultos

Publicadas as instrucións das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2026/27.

Outros 17 Xuño 2026
Instrucións sobre a xornada laboral do profesorado

Na web da Consellaría poden consultarse as instrucións sobre a xornada laboral do persoal docente no curso 2026-2027.

Outros 16 Xuño 2026
Alumnado con TEA

A Consellaría publica un manual de axuda para centros educativos chamado 'A educación emocional en alumnado con TEA'.