
A Consellaría de Educación mantén para a folga do 23 os SERVIZOS MÁXIMOS
Pretenden implantar uns servizos mínimos contestados polo comité de folga e que volveremos recorrer perante o TSXG en canto se publiquen no DOG
Aínda que con case total seguridade a vergoñenta sentenza do TSXG a favor dos servizos mínimos se vai repetir a comité de folga decidiu recorrerlos de novo.
Desde a CIG-Ensino xa amosamos no seu momento o noso total rexeitamento a un auto claramente político e que pon contra as cordas a liberdade do profesorado e do resto do persoal dos centros educativos para exercermos o noso dereito a rebelarnos contra a irresponsabilidade dunha Xunta.
Pero supoñemos que os maxistrados do TSXG seguirán entendendo que a educación e o dereito á seguridade e á saúde das persoas que traballamos ou se escolarizan nos centros pasa a un segundo plano diante doutros intereses, sexan políticos ou económicos e que carecemos de la especial sensibilidad de la que, con buen criterio y especialmente en estos últimos días, hace gala la inmensa mayoría de la sociedad española.
SERVIZOS MÍNIMOS IMPOSTOS PARA A FOLGA DO DÍAS 23 DE SETEMBRO DE 2020 |
SERVIZOS MÍNIMOS EN TODAS AS FOLGAS ANTERIORES |
Persoal docente A dirección ou membro do equipo da dirección. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente. Un profesor ou profesora por cada grupo que teña actividade lectiva prevista os días da folga. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros. |
A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros. |
Persoal non docente Un subalterno ou subalterna en cada centro escolar O 100% do persoal de cociña O 100% do persoal auxiliar coidador/a nos centros nos que exista esta categoría O 100% dos educadores nos centros nos que exista esta categoría O 100% do persoal de limpeza O 100% dos ATSs e do persoal médico nos centros nos que exista esta categoría. |
Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa. Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría. O 20 % do persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes. O 20 % do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial. |