Adiada a folga do día 16 para o 23
As organizacións sindicais CIG, CCOO, STEG e CSIF como comité da folga convocada para o 10 e 16 de setembro acordan modificar o segundo día da convocatoria
As catro organizacións sindicais, debido ao adiamento do comezo de curso en secundaria e resto de ensinanzas por parte da Consellaría de Educación trasladamos a folga na educación secundaria e resto de ensinanzas ao mércores 23 de setembro.