A Consellaría de Educación impón uns servizos mínimos abusivos que pretenden impedir o exercicio do dereito á folga

A primeira decisión de Román Rodríguez como conselleiro é implantar uns servizos mínimos contestados polo comité de folga e que a CIG recorrerá perante o TSXG en canto se publiquen no DOG

Comezar un mandato cunha emenda ás decisións sobre servizos mínimos consolidados por numerosas sentenzas do TSXG non é un bo sinal. A decisión da Consellaría de impoñer uns servizos que só se poden cualificar como unha clara intención de boicotear o exercicio do dereito fundamental á folga por parte do profesorado e do persoal non docente. Así o indicou a CIG-Ensino na reunión da Consellaría co comité de folga que tivo lugar esta mañá.

A decisión de incrementar os servizos mínimos vai acompañada da propia xestión dos tempos por parte da Consellaría, que agardou até menos de 48 antes do inicio da primeira xornada do día 10, que afecta ao persoal de infantil e primaria, para comunicar a súa proposta, o que reduce ao mínimo os tempos para que se publique no DOG (o que non acontecerá até 24 horas antes do inicio da folga) e para presentar o recurso e coñecer a sentenza do TSXG. É obvio que a única intención da Consellaría, xa co novo conselleiro á fronte, é entorpecer a folga. 

A decisión da Consellaría, á espera do que ditamine o TSXG unha vez se resolva o recurso de urxencia que presentaremos, implicaría a imposibilidade do exercicio da folga para unha parte moi importante do profesorado, ao ter que contar cun o cunha docente por cada aula que teña aulas no día da convocatoria (teñamos en conta que o inicio do curso xa foi graduado pola Consellaría, nunha decisión que á vista deste servizos mínimos tamén cabe concluír que mais que atender a cuestións organizativas tiña tamén a finalidade de obstaculizar a protesta do profesorado e o resto do persoal dos centros. A imposibilidade de secundar a folga ampliaríase até o 100% do persoal coidador, de cociña ou de limpeza. 

Anteriores recursos presentados pola CIG-Ensino contra servizos mínimos moito máis reducidos que os que agora se impoñen foron rexeitados polo TSXG co argumento de que “os servizos mínimos que hai que fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro do número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo”. O TSXG, en contra do noso criterio, deu por boa a obriga de abrir todos os centros, o que implicou que as unitarias teñan vetado o exercicio da folga.

SERVIZOS MÍNIMOS IMPOSTOS PARA A FOLGA DOS DÍAS 10 E 16 DE SETEMBRO DE 2020

SERVIZOS MÍNIMOS EN TODAS AS FOLGAS ANTERIORES

 Persoal docente

A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. 

Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente.

Un profesor ou profesora por cada grupo que teña actividade lectiva prevista os días da folga.

En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. 

Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente.

En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

Persoal non docente

O 100% do persoal de cociña

O 100% do persoal auxiliar coidador/a nos centros nos que exista esta categoría

O 100% dos educadores nos centros nos que exista esta categoría

O 100% do persoal de limpeza

O 100% dos ATSs e do persoal médico nos centros nos que exista esta categoría.

 

 

Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa.

Un encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.

O 20 % do persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.

O 20 % do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

Volver