resultados

Precisa Galiza dunha universidade privada?
O modelo público de educación superior, fronte ao privado, sempre beneficia a maioría social

Nin “PIN parental” nin censura educativa: liberdade de cátedra e respecto pola coeducación e a igualdade
En Galiza tivemos un intento do goberno de introducir un pin parental coa fallida enquisa ás familias sobre a lingua vehicular en Educación Infantil

A mellora da convivencia nas aulas pasa pola redución das ratios e carga lectiva así como polo reforzo da formación
A Consellaría presentou un informe sobre convivencia nunha reunión do Consello Galego no que o goberno volve amosar a súa desconsideración pola comunidade educativa.

ARCO: un novo parche na política educativa da Consellaría
No canto de reforzar os equipos docentes de cada centro cun incremento de profesorado e a autorización de desdobres e ratios menores, a Consellaría promove un novo formato de contrato-programa que non ten carácter universal e é claramente insuficiente.

O Consello Escolar de Galiza aproba emendas da CIG-Ensino para diminuír as ratios na FP que a Consellaría ten que tomar en consideración
As votacións no Pleno de onte marcan un punto de inflexión ao poñer en tela de xuízo a política da Xunta e propoñer unha mellora na calidade da Formación Profesional e por extensión de todo o ensino primario e secundario.

O Consello Escolar de Galiza aproba a práctica totalidade das propostas de mellora na atención á diversidade presentadas pola CIG-Ensino
Cos votos en contra da representación da Consellaría, representantes do PP e membros afíns, o ditame do CEG supón unha emenda á totalidade na política educativa da Xunta

Os orzamentos da Xunta para 2020 consolidan a perda de postos de traballo docentes iniciada en 2010
Delegadas da Área Pública da CIG concentráronse esta mañá diante do Parlamento de Galiza coincidindo coa aprobación no Pleno do Parlamento dos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano que vén.

A CIG-Ensino presenta unha batería de medidas para mellorar a atención á diversidade
O sindicato responde así ao Informe encargado polo Consello Escolar de Galiza a un equipo de investigación do Instituto de Ciencias da Educación da USC que se debaterá no Pleno do CEG

A CIG-Ensino esíxelle a Feijóo que elimine as limitacións ao galego na educación
O Consello de Europa vén de darlle un novo tirón de orellas á Xunta alertando da perda alarmante de falantes e de competencias na nosa lingua que atribúe en boa medida á falta de protección lingüística na administración e ao Decreto do Plurilingüismo
O profesorado galego reclamou masivamente a recuperación do horario lectivo nunha folga cun seguimento do 60%
A choiva non impediu que se congregaran en Compostela miles de docentes chegados de toda Galiza para lembrarlle á Xunta que a recuperación do horario lectivo previo á crise é unha cuestión de dereitos laborais e de mellora da calidade do ensino.

A CIG-Ensino reafirma a súa total negativa á autorización dunha universidade privada en Galiza
O sindicato amosa a súa indignación polo uso partidario que os presidentes dos Consellos Sociais da tres universidades galegas fixeron dos seus cargos e solicitará a súa reprobación
páxina 101 de 309