
Revisión Médica
Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2020/2021
Prazo de solicitude: do 22 de setembro até o 11 de outubro (20 días naturais)
Precisións dos prazos de inscrición.
A revisión é para todo o persoal en activo que preste servizos nos centros docentes públicos non universitarios.
A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas.
A dita inscrición realizarase de forma telemática na seguinte ligazón:
https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
Máis información
- A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
- Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
Normativa