4018 resultados

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca a toda a comunidade educativa a responder aos recortes da Xunta
Promove unha resposta descentralizada nos centros educativos na véspera do comezo das clases, o día 7 de setembro, ademais dun acto central diante da Consellaría.

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría financia no ensino concertado medidas de atención á diversidade que lle nega ao ensino público
Hoxe publícase no DOG a Orde que regula as axudas a centros privados concertados para atender a alumnado con NEAE, dotadas con 450.000 euros

A Consellaría manipula o profesorado en prácticas para procurar que asista a un acto “de benvida” non obrigatorio
Logo do fracaso da xornada dirixida ao corpo de mestres, desde a Consellaría enviouse un SMS mentindo e cualificando como obrigatoria unha actividade totalmente voluntaria e cun marcado carácter propagandístico

A Consellaría aproveita as datas de verán para pechar centros e recortar unidades e postos de traballo no Ensino Público
Anunciase o peche de 59 unidades en Infantil e Primaria

Publicada a resolución definitiva do CADP
Prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición

A Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades impide o aumento de prazas dos mestrados de secundaria
A CIG evidencia unha vez máis este problema nos Consellos Sociais das Universidades de Santiago e Vigo

Incidencias na adxudicación provisional do CADP
Trasladamos información de interese logo de contactar coa Consellaría sobre algunhas incidencias que detectamos e que nos comunicades.

Información da mesa sectorial estatal sobre a orde marco de concurso de traslados
Na mesa sectorial do estado celebrada o 26 de xullo

A CIG-Ensino amosa novamente o seu desacordo co baremo do concurso excepcional para o ingreso na función pública docente
Na mesa sectorial do estado celebrada hoxe 26 de xullo

Como se reparten as prazas desertas entre os diferentes tribunais dunha mesma especialidade?
Información da CIG-Ensino sobre a reasignación de prazas entre tribunais

As prazas desertas nas oposicións superan o 7%
Logo de rematar todos os procesos as prazas sen cubrir pasan de 104 que había tras a primeira proba a un total de 163 prazas

Case o 5% das prazas das oposicións xa fican desertas tras a primeira proba
A CIG-Ensino amosa a súa preocupación por unha tendencia á alza na “criba” das oposicións

Os recortes de profesorado esténdense pola práctica totalidade dos centros e provocan a redución da oferta educativa
A Consellaría de Educación impide a oferta de optativas, obriga a impartición de ciclos a docentes doutras especialidades e reduce mestras de apoio en Infantil
páxina 49 de 310