Asinado o "Acordo de despido libre subvencionado para docentes da concertada"
Asinouse onte, 14 de xuño, pola Consellaría de Educación e todas as patronais da concertada así como os sindicatos FSIE e USO.
Neste novo documento, con respecto ao anterior acordo só se recollen melloras para a patronal.
- As horas adicionais a concertar aos centros que recoloquen persoal da bolsa ou lista pasaron de 4 a 5 con xornada completa e de 2 a 3 con media xornada.
- A compensación polo aboamento da indemnización subiu de 5.000€ a 6.000€.
A maiores destas melloras a Consellaría e a patronal, coa entrega de FSIE e USO, introduciu no texto final asinado unha falsa obriga para a patronal na cláusula 4ª
A patronal, caso de ter recibido indemnización por despido, estaría obrigada a contratar da lista ou bolsa de recolocación salvo que dita contratación non sexa posíbel ao non reunir ninguén os requisitos esixidos para o posto a cubrir
Unha cláusula que deixa as mans libres ás empresas para facer o que lles dea a gana, sen ningunha obriga legal de tirar da bolsa de recolocación.
Ligazón ao acordo