4019 resultados

Educación impón sen negociación nin diálogo a oferta ordinaria e modular de FP para o curso 21/22
Con tan só unhas horas de adianto para unha reunión do Consello Galego de FP a Xunta remitiu a listaxe de ciclos formativos de FP que se ofertarán así como a oferta por módulos, que non foron previamente contrastados nin cos sindicatos nin cos centros

A Xunta crea un centro de innovación de FP para deixalo nas mans de Baltar
O novo centro mostra unha estrutura de xestión con total falta de transparencia e ausencia de control por parte dos centros e do profesorado de FP, a quen se di estar dirixido.

Centos de persoas ateigan o Obradoiro para que se garanta o dereito a vivir en galego
Queremos Galego exixe “un compromiso real e efectivo” dos poderes públicos coa nosa lingua

Mobilizacións en defensa da Universidade Pública Galega
Non á creación dunha universidade privada na Galiza

Publicadas as vacantes do Concurso Xeral de Traslados
A adxudicación definitiva para o corpo de secundaria está prevista para mañá e a de mestres para o 21 deste mesmo mes

Sanidade retoma a vacinación do persoal dos centros educativos sen novidades aínda coa 2ª dose
Saúde Pública di compartir as nosas queixas sobre a subministración da 2ª dose, tanto en prazos como na vacina a subministrar mais fía todo á decisión do Ministerio e a Conferencia Interterritorial

A CIG-Ensino chama a eliminar dos centros educativos os nomes vinculados co franquismo
O sindicato ve como positiva a reacción do Ministerio de Defensa coa retirada do nome de Salvador Moreno no centro de Pontevedra logo da reclamación do sindicato e outras entidades
Milleiros de persoas toman as rúas de Galiza convocadas pola CIG para conmemorar o Primeiro de Maio
O secretario xeral, Paulo Carril, chama a intensificar a loita nas empresas e na rúa para forzar unha saída galega xusta da crise

A CIG-Ensino recolle máis de 2.000 sinaturas en menos de 48 horas opoñéndose á eliminación do período de adaptación en Educación Infantil
Nun escrito presentado hoxe ante a Consellaría esiximos modificacións á proposta de calendario no referido ao período de adaptación

Publicadas as listaxes provisorias de persoal admitido e excluído no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, APD e EOI
Detectáronse numerosos erros nas listaxes
páxina 72 de 310