Desde a CIG-Ensino esiximos da administración que se cubran todas as baixas do profesorado

Unha vez detectado que non se están cubrindo as baixas de tres ou catro días

Unha vez que tivemos constancia, pola chamada dos centros educativos e persoal substituto, de que non se estaban cubrindo as baixas de menos 3 ou 4 días, e que incluso estes días se estaba procedendo ao borrado de baixas inferiores a 10 días puxémonos en contacto coa administración para confirmar estas denuncias.

A administración confirmounos o seguinte:

  • van deixar de cubrir as baixas de poucos días salvo en unitarias ou situacións excepcionais dalgún centro educativo.
  • en breve deixarán de chamar todos os días.

En definitiva a administración galega quere pasar a unha situación prepandemia na que a Covid pasou a ser un comodín que usa ou non ao seu convir, esquecendo a situación de esixencia máxima que está vivindo o profesorado nos centros educativos nestes momento

Desde a CIG-Ensino procedemos a esixir que se cubran todas as baixas e que se sigan realizando os chamamentos todos os días.

Volver