A CIG-Ensino solicita da Consellaría de educación a ampliación do prazo de matrícula para as oposicións ao ensino público galego

Debido aos distintos problemas técnicos nas aplicacións de pago e de sinatura durante os últimos días do proceso.

Desde a CIG-Ensino, unha vez detectado que os problemas de pago para a inscrición nas oposicións que tivemos o xoves 17 de febreiro repetíronse ao longo da tarde do sábado 19 e durante a mañá do domingo 20 de febreiro, solicitamos que se amplíe o prazo de matrícula, xa que non é razoábel que sexan os opositores os que teñan que asumir a problemática creada por erros técnicos do propio goberno da xunta.

Durante a mañá do xoves 17 xa nos puxemos en contacto por primeira vez coa Consellaría que recoñeceu os problemas na pasarela de pago e recomendou que o persoal pagase nun banco e incluíse a folla de pagamento na oficina virtual.

A estes erros da pasarela de pago da Xunta de Galiza habería que sumar erros na sinatura dixital coa actualización do programa de autofirma recomendado pola Xunta de Galiza, co cal queda máis que claro a necesidade de ampliar o prazo de inscrición para o persoal opositor.

Volver