A CIG-Ensino denuncia a campaña de acoso e difamacións contra as súas delegadas en AMICOS

O sindicato expresa o seu total apoio ás representantes no comité de empresa, que seguen sufrindo ataques por parte da dirección da mesma.

Mondra porá o ramo á manifestación unitaria pola lingua do 23F en Compostela

A marcha partirá este domingo ás 12h da Alameda e percorrerá as rúas da cidade ata o Obradoiro ao berro de “Lingua vital xa!"

A Consellaría segue desprezando as necesidades do ensino público de Ferrol

A CIG-Ensino de Ferrolterra esixe á Consellaría e a inspección que actúen e teñan en conta as necesidades educativas do ensino público na comarca

Nova concentración diante da Escola Merlín

A CIG-Ensino considera totalmente inxustificado o despedimento da educadora por causas de produción xa que a empresa terá que contratar a outra traballadora para seguir a dar o mesmo servizo

Convocadas as oposicións docentes

Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de febreiro ao 10 de marzo

A comunidade educativa galega, unida no apoio á manifestación do 23F

Lingua Vital Xa! Paremos a emerxencia lingüística

Correlingua cumpre 25 anos

A festa da lingua percorrerá 11 cidades galegas con música, carreiras e outras actividades coa finalidade de seguir combinando reivindicación e lecer e de aglutinar a miles de estudantes arredor da normalización do galego.

As traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña reivindican salarios e condicións dignas "para poder ensinar mellor"

Critican a actitude do concelleiro de Educación por negarse a negociar a táboa reivindicativa e dar a calada por resposta

IV Xornadas de Normalización Lingüística

O pasado sábado, 25 de xaneiro de 2025, celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Normalización Lingüística baixo o lema "O galego en situación de emerxencia lingüística".

O Ministerio pretende adiar até 2027 o comezo dos cambios nos corpos docentes das ensinanzas artísticas

A proposta do calendario de aplicación da Lei 1/2024 foi colgada na web do Ministerio sen presentala e negociala antes cos sindicatos

Apróbase a recuperación da xubilación forzosa para o PDI laboral nas universidades públicas galegas

A CIG-Ensino asina, xunto co resto de sindicatos, un acordo que recolle a exixencia do sindicato de que non se perda ningún posto de traballo.

A CIG-Ensino convoca asembleas abertas a todo o persoal do sector infantil 0-3

Ante a situación de bloqueo patronal e rotas as negociacións do XIII convenio estatal de infantil 0-3, toca valorar a situación actual na Galiza e tomarmos decisións

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 2 Maio 2025
Tribunais da proba de galego nas oposicións

Publica a Consellaría a composición, presidencias incluídas, dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións do 2025.

Outros 30 Abril 2025
Radio na Biblio

Anúncianse os centros galardoados e os correspondentes premios do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio.

Outros 30 Abril 2025
Unidades didácticas

A Consellaría publica unhas unidades didácticas coa historia do Pobo Xitano.

Outros 30 Abril 2025
Intercambio de alumnado

Anunciada a convocatoria para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado da Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2025/2026.

Outros 30 Abril 2025
Resolución provisional do PIALE

Fai pública a Consellaría a resolución provisional coas solicitudes admitidas e excluídas para participar no programa PIALE 2025.

Outros 29 Abril 2025
Suspensión da actividade lectiva

Debido ao apagamento xeral acontecido o luns 28 de abril, a Consellaría suspende a actividade lectiva durante o 29 de abril aínda que os centros educativos deben permanecer abertos.