
A Consellaría de Educación retrasa a aprobación do Decreto galego de FP a finais de curso
Isto é o que se desprende das palabras do conselleiro no Consello Escolar de Galiza nas que anunciaba que non se comezará a negociación dunha norma de enorme transcendencia até o mes de abril

Centos de persoas concéntranse nas facultades de Educación en repulsa ao asasinato dunha educadora e pola dignificación do sector
Nas protestas realizadas nos campus da Coruña, Compostela, Lugo e Ourense denunciouse a falta de medios técnicos e económicos
Apoio masivo ao claustro do IES As Lagoas e en defensa da dignificación da profesión docente
Na tarde de onte levouse a cabo unha manifestación a instancia da Xunta de Persoal de Ourense tras as descualificacións e o desprezo que está a sufrir o profesorado a raíz do acontecido neste centro cunha docente de Matemáticas.

A precariedade laboral mata. A CIG-Ensino condena o asasinato dunha traballadora social
Concentración diante das facultades de Educación mañá, xoves 13 de marzo, ás 12 horas

Publicada a adxudicación provisional do CXT, do concurso de Orientación e do Concurso de adultas do corpo de mestras
O prazo de reclamación e renuncias comeza mañá mércores e abrangue até o 25 de marzo
O feminismo galego de clase toma as rúas para esixir traballo, igualdade e salarios dignos
Milleiros de traballadoras mobilizáronse por todo o país este 8 de Marzo convocadas pola Secretaría das Mulleres da CIG

A CIG denuncia que se pretenda modificar o Estatuto Básico do Empregado Público no Congreso sen negociación sindical previa
Os cambios, presentados polo PSOE como emendas á lei de función pública da administración xeral do Estado, afectan directamente á regulación da xubilación parcial de todo o funcionariado que queda sen marxe de debate

A CIG-Ensino non asina o XIII Convenio Estatal de Centros de Educación Infantil 0-3
Nesta nova tedes o convenio asinado, as táboas salariais e o control horario
Nova manifestación das traballadoras da Escola Merlín polas rúas de Bertamiráns
Protestan contra o inxustificado despedimento dunha compañeira, a redución drástica de xornada de outra e o empeoramento do servizo ás familias e crianzas

A CIG-Ensino amosa a súa solidariedade co IES As Lagoas de Ourense e anima a participar nunha concentración na defensa da dignidade do seu profesorado
O acto de protesta terá lugar o vindeiro mércores 12 de marzo diante da Dirección Territorial de Educación en Ourense

10 de Marzo: Traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos
No Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca mobilizacións nas sete cidades e en Vilagarcía

Publicada a adxudicación provisional do CXT dos corpos de secundaria
O prazo de reclamación e renuncias comeza mañá mércores e abrangue ata o 18 de marzo
páxina 5 de 311
⚠️ A CIG-Ensino detectou e comunicou á administración que na resolución definitiva do CXT de mestres non eliminaron o persoal que lle fora adxudicada praza no Concurso de Orientación de Primaria.
‼️ Desde a administración comunicáronnos que van analizar as posíbeis solucións e que ao longo da mañá trasladarannos a decisión tomada.
Actualización: A subdirección de Centros e Recursos Humanos da Consellaría trasládanos que son un máximo de 8 casos os detectados, que están analizando a situación e ver que medidas arbitrar.
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |