4020 resultados

A CIG-Ensino non asina o XII Convenio Colectivo estatal de Educación Infantil
Unha vez máis as patronais do sector de Infantil 0-3 e os sindicatos estatais “cómplices e submisos” desoen as demandas das traballadoras virándolles as costas e asinando un convenio en precario, impositivo, fraudulento e carente de negociación real.

Máis do 9% das prazas das oposicións docentes xa se poden declarar desertas
195 prazas de promoción interna quedarán sen cubrir, xa que só se matricularon 81 persoas para as 276 prazas ofertadas pola Consellaría
Miles de persoas esixen en todo o País "liberdade, igualdade e xustiza para o galego"
As mobilizacións, celebradas en distintas vilas e cidades galegas, lembraron a afronta que supón o Decreto do plurilingüismo para o noso idioma, do que se cumpren 10 anos da súa aprobación.

A CIG-Ensino entrega 558 sinaturas das traballadoras das escolas infantís de 0 a 3 anos que se concentraron demandando un convenio digno e xusto
Delegadas/os da CIG-Ensino concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Galiza para denunciar a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, por afondar na precariedade laboral, e reivindicar un convenio galego como única vía de mellora.

Patronal e sindicatos "amigos" confirman definitivamente a sinatura do XII Convenio de Educación Infantil
As patronais do sector de Infantil e os sindicatos UGT, FSIE e USO desoen o clamor das traballadoras/es infantil 0-3 e convocan oficialmente a mesa final para asinar o convenio o día 22

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do concurso-oposición ao corpo de PES, PT, EOI, profesorado de música e artes escénicas, mestres e adquisición de novas especialidades para 2019
O prazo de reclamación é de 5 días hábiles e comeza o venres, 17 de maio, e remata o venres, 24 de maio de 2019.

Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados de Secundaria
Para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

A CIG-Ensino lanza unha campaña para facer centros de ensino coeducativos e incrementar a oferta de materias optativas en igualdade
Así mesmo, demándalle á Consellaría de Educación que destine recursos económicos e formación específica para dotar os centros de cadros de persoal amplos que leven a cabo o traballo de coeducación.

A Xunta segue sen recuperar as axudas do Fondo de Acción Social recortadas en 2011
O recorte ese ano ascendeu a un total de 7.136.392€, o que supuxo a práctica liquidación deste Fondo.

A CIG-Ensino revalida a súa posición como primeira forza sindical no sistema universitario galego
Desde o sindicato agradecemos a confianza dada maioritariamente polo persoal docente e investigador das tres universidades galegas e comprometémonos a traballar por reverter os recortes e a precariedade deste colectivo.

A CIG-Ensino chama ao profesorado a esixir liberdade, xustiza e igualdade para o galego nas mobilizacións do 17 de maio
De momento hai dez mobilizacións convocadas por todo o País para reivindicar os tres principios democráticos: liberdade, igualdade e xustiza á hora de vivirmos en galego.

A CIG-Ensino comeza unha campaña de recollida de sinaturas nos centros de educación infantil para paralizar a sinatura do convenio estatal do sector de 0 a 3 anos
A intención desta campaña é paralizar a sinatura do convenio prevista para o vindeiro 22 de maio entre a patronal e tres organizacións sindicais estatais
páxina 111 de 310