Cúmprese un ano da entrada en vigor da LOMLOE sen resolver a situación do profesorado técnico de FP

A CIG-Ensino vén reclamando desde o comezo a negociación do regulamento para o ingreso no corpo de PES e exixe que os efectos da integración teñan carácter retroactivo.

A CIG-Ensino non dá o seu apoio á OPE docente ao non se negociar conxuntamente coa de concurso de méritos e coas prazas de oposición extraordinaria

Procesos selectivos do 2022: unha situación extraordinaria require unha negociación seria e global

A CIG-Ensino solicita a actualización inmediata das listas de substitucións do corpo de mestres

Unha vez detectadas vacantes que non se puideron cubrir por falta de persoal cos perfís axeitados

CIG-Ensino reitera a exixencia da negociación de todas as prazas de ingreso, tanto de concurso como de oposición

En comparecencia antes dos medios de comunicación para valorar as declaracións do conselleiro, o secretario nacional da CIG-Ensino reclamou transparencia e axilidade para negociar todas as prazas

A CIG-Ensino non subscribe o XXIII convenio colectivo nacional de autoescolas por regresivo e involutivo, e que precariza aínda máis o xa mísero anterior convenio

O marco de negociación estatal refórzase pechando calquera outro ámbito de negociación e volve amosarnos como o sindicalismo estatal de pacto e entrega á patronal consolida a precariedade no sector

A CIG-Ensino exixe a negociación dos criterios para fixar as prazas de todos os procesos selectivos pendentes

O sindicato considera que a Consellaría non se pode limitar a anunciar as prazas de reposición: debe negociar a aplicación da Lei de redución da temporalidade

Volta ás aulas: tras o debate ficticio sobre a presencialidade reaparecen a desinformación e os recortes

Información da reunión mantida hoxe coas consellarías de Sanidade e Educación

O XII Convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil 0-3 debe aplicar a nova adaptación das súas táboas salariais xerais e de xestión indirecta

A adaptación ao SMI dos 965€ nas táboas salariais xerais e as novas táboas salariais de xestión indirecta no apartado “C” coa suba dun 1,1%, hai que aboalas xunto cos atrasos dende setembro do 2021, como data límite en xaneiro de 2022

A CIG-Ensino lamenta o falecemento do que foi o seu secretario nacional, Braulio Amaro

O sindicato, do que Braulio foi un destacado cadro sindical e dirixente, quere lembrar o compromiso que o acompañou até os seus últimos días.

A Área Pública da CIG reclama a recuperación real dos salarios, a eliminación da taxa de reposición e o reforzo dos servizos públicos

Concentrouse no Parlamento coincidindo co debate do Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para 2022

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
Outros 3 Xuño 2025
Campamentos dixitais de verán

Resolución provisional cos centros públicos seleccionados para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25.

Outros 2 Xuño 2025
Bacharelato de especialización de idiomas

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros para formar parte do programa de bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2025-2026.

Outros 2 Xuño 2025
Proxecto LÓVA

Anúnciase a convocatoria para os centros participar no proxecto do Teatro Real 'La Ópera, un vehículo de aprendizaje'.

Outros 2 Xuño 2025
Titulación do Bachibac

Anuncia a Consellaría o procedemento para a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat Bachibac no curso escolar 2025/2026.

DOG 30 Maio 2025
Tribunais das oposicións

Publica o DOG a composición completa dos tribunais que xulgarán as oposicións do 2025 incluíndo as presidencias. 

Outros 30 Maio 2025
Novos centros plurilingües

Resolución provisional na web da Consellaría coa incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2025-2026.

Outros 30 Maio 2025
Plurilingüismo en infantil

Novos centros no programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil) para o curso 2025-2026.