resultados

O persoal das escolas infantís etapa 0-3 mobilízase nos centros como fase previa ás manifestacións e folgas convocadas neste mes de decembro
Mañá mércores será día de manifestacións nas rúas de Santiago de Compostela e Vigo ás 19h. e na Coruña ás 18:30h., estando convocada toda a comunidade educativa: familias e alumnado.

A CIG lanza unha campaña por un convenio galego para dignificar as condicións de traballo e a atención nos centros de menores
Nun só mes, a central nacionalista xa xuntou preto de 500 sinaturas (que atinxen ao 60% do persoal destes centros) e espera incrementar esta cifra até o luns 18 de decembro, día no que fará entrega das sinaturas á Consellaría de Política Social.

Publicados no DOG os concursos de Orientación de Primara e EPAPUs
Hoxe, luns 4 de decembro publicáronse no DOG as convocatorias dos concursos de Adultos e Orientación de Primaria, en ambos aumentouse o número de prazas grazas ao traballo da CIG-Ensino en colaboración con todo o profesorado
Tras o éxito das mobilizacións docentes do último mes os sindicatos promotores esixen unha reunión co conselleiro para negociar melloras reais
Nun comunicado conxunto CIG-Ensino, STEG e CSIF instan a Román Rodríguez a escoitar a maioría do profesorado, que puxo de manifesto tanto nos centros como nas rúas que outro acordo “é necesario e posíbel”

Publicada con meses de atraso e sen efecto retroactivo a actualización das indemnizacións por dietas e quilometraxe
A CIG-Ensino critica o retraso inxustificado na publicación desta Resolución cando a nivel estatal está vixente desde xullo nin que se aplique con efectos retroactivos, o que prexudica sobre todo ao profesorado itinerante

Novas mobilizacións e folga no sector da educación infantil para decembro
Hai máis dun ano e medio que as persoas traballadoras das escolas infantís, de 0 a 3 anos, reclaman avances nas negociacións do XIII Convenio, estancadas polo inmobilismo e involucionismo das patronais

A CIG-Ensino apoia a reclamación do profesorado de Infantil de adaptación do boletín trimestral de información ás familias
A aplicación PROENS fai que ao elaborar o “boletín de notas” as familias reciban ao redor de 50 criterios de avaliación por trimestre

A patronal do sector das escolas infantís de 0 a 3 anos desatende as reivindicacións das traballadoras que protagonizaron folgas e mobilizacións
A CIG-Ensino volve rexeitar a proposta da patronal na mesa negociadora por insuficiente, inxusta e inxustificable, e fai un chamamento ás demais OO.SS. a manter o pulso nas rúas para dignificar o convenio e os salarios.
A suba nas nóminas do 0,5% non cobre a perda do 2,7% de poder adquisitivo do persoal docente nos dous últimos anos
A CIG lamenta que o pacto de CCOO e UGT co goberno central para a administración pública non chegue nin ao 4% que se está aplicando como media en Galiza na empresa privada e que esas mesmas centrais propoñen xunto coa patronal española
Nova lección de dignidade de miles de docentes reclamando en Compostela a inmediata rectificación da Consellaría
Segunda xornada de folga no ensino público en Galiza no que vai de curso, precedida doutras mobilizacións e accións de protesta, convocada polos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF para esixir melloras reais nas condicións laborais e no ensino público.

Os servizos mínimos da folga do 28Nov son dunha persoa da dirección
Publicados no DOG hoxe luns 27 de novembro

A CIG Ensino e a ASPG poñen á vosa disposición os contidos das III Xornadas de Historia
As III Xornadas de Historia tiveron lugar o día 11 de novembro de 2023 en Santiago de Compostela

O TSXG “confirma integramente” unha sentenza gañada pola CIG que recoñece a un pai o permiso por nacemento e coidado dun fillo falecido no parto
A CIG insta ao INSS a que non se limite a aplicar a sentenza que é firme senón a recoñecer este dereito a todos as persoas proxenitoras diferentes da nai biolóxica que pasen polo falecemento dunha crianza.
páxina 31 de 313