Aprobaches as oposicións? Pois hai cousas que debes saber...
A continuación, informámoste de todos os trámites que vas ter que realizar unha vez que superaches o proceso selectivo
Antes, recibe os nosos parabéns por ter acadado a túa praza!
- Participar no CADP
Terás 2 días hábiles desde o seguinte ao da publicación das relacións de aprobados e aprobadas polos tribunais (non contan festivos nin sábados nin domingos) para cubrir a solicitude no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2024-25, aínda que xa cubriras como persoal interino ou substituto.
Se es do corpo de Mestras pode serche útil, á hora de ordear as túas preferencias de centros, consultar o documento elaborado pola CIG Ensino cos cadros de persoal de educación infantil, educación primaria e educación especial coa identificación do tipo de xornada e a especial dificultade. Ligazón
CONCILIA. O persoal que supere o proceso selectivo terá un prazo de 2 días hábiles desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente para pedir comisión por conciliación. Se xa a tiña concedida como persoal interino non ten que repetir esta solicitude, xa que a Consellaría mantenlla como funcionario/a en prácticas. Porén, sempre debe cubrirse a solicitude ordinaria.
SAÚDE. Non se abre un novo prazo como no caso de concilia. Só se pode pedir por CAUSAS SOBREVIDAS. Aquelas persoas interinas e substitutas que teñen concedida unha comisión por SAÚDE, se aprobaron a oposición POLO MESMO CORPO E ESPECIALIDADE, manteñen a solicitude e pásanlla automaticamente á modalidade de funcionaria/o en prácticas.
- Presentar a seguinte documentación na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
No prazo de 20 días hábiles desde a publicación no DOG dos aprobados, deberás presentar en RRHH a seguinte documentación:
a) Certificado médico. Chega co certificado impreso polo SERGAS, non é necesario o da FNMT (o dos estancos)
b) Declaración responsábel. Ligazón modelo de declaración responsábel, Ligazón a outro modelo de declaración responsábel.
c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de ter denegado expresamente a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais cando te matriculaches para as oposicións). LigazónPara presentar a documentación debes localizar na sede electrónica o expediente correspondente a túa solicitude de participación no procedemento selectivo (ED001A) e premer no botón Acción: Alegacións. Debes cubrir todos os campos do formulario e os indicados a continuación do seguinte xeito: a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE ACORDO COA BASE 19.1 DA ORDE DE 31 DE XANEIRO DE 2024.
- Tomar posesión do destino adxudicado no CADP
Faise no centro no que obteñas destino. A data da toma de posesión será o 1 de setembro. Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente.
- Darte de alta en MUFACE
Unha vez que recibas o nomeamento de funcionario ou funcionaria en prácticas terás que pasar pola sede provincial de MUFACE - ou a través da súa páxina web - para causar alta como mutualista e optar pola prestación médica pública ou privada. Cada ano, no mes de xaneiro poderás cambiar de entidade.
Non fai falla dicirche que desde a CIG Ensino apoiamos a solicitude do SERGAS como entidade prestataria.
- Realizar a fase de prácticas
Durante os catro primeiros meses do curso estarás realizando a fase de prácticas, na que estarás tutelado por un compañeiro ou compañeira do centro, preferentemente da mesma especialidade.
Ao rematar a fase de prácticas terás que entregar unha memoria final, para realización da mesma desde a CIG-Ensino poñemos ao voso dispor 9 cursos de 8 horas en distintas localidades, nesta ligazón tes toda a información.
Tamén tes que realizar a seguinte formación:
- Un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración
- Un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero
- Unhas xornadas formativas de coñecemento da Administración educativa galega, que
serán organizadas polo Servizo de Programas de Formación.
- Afiliarte á CIG Ensino
Este paso non é obrigatorio, mais si moi importante! Afíliate á CIG Ensino para sermos máis fortes.