A CIG-Ensino alerta do incremento dos discursos contra o feminismo nas aulas e acusa á Consellaría de frear a aprobación do Plan de igualdade e do Protocolo de Acoso

No Encontro Nacional de Mulleres que reuniu a preto de 300 delegadas da CIG denunciouse a violencia institucional que sofren as mulleres e púxose o foco nos principais conflitos laborais que nestes momentos teñen como protagonistas sectores feminizados.

Persoal de coidados e atención ás persoas clama por condicións de traballo dignas

A CIG desenvolveu unha manifestación en Santiago de Compostela para exixir convenios colectivos xustos e calidade nos servizos prestados

O profesorado galego suma outras dúas xornadas de folga os días 16 e 17 de decembro co obxectivo de recuperar e avanzar en dereitos

O día 17 está prevista unha manifestación con saída do Parlamento até a Consellaría para presionar durante a votación das contas da Xunta para 2026, chaves para poder levar a cabo medidas que melloren o sistema educativo galego.

A Consellaría volve vulnerar os dereitos lingüísticos do profesorado na avaliación de riscos laborais

Nestes días estanos chegando información de diversos centros educativos nos que se está a entregar ao profesorado a avaliación de riscos laborais dos postos de traballo unicamente en castelán.

A CIG Ensino pon ao teu dispor novo material didáctico para traballar o 25N

O material está dirixido aos niveis de infantil, primaria e secundaria

A CIG-Ensino recorre ante o TSXG dúas sentenzas que negan o complemento de equiparación salarial ao profesorado especialista de sectores singulares de FP

Segundo datos dos orzamentos da Consellaría para o próximo ano o número de PESSFP, 637, practicamente iguala o de Profesorado técnico de FP a extinguir, 645, polo que a discriminación e o aforro da Consellaría é cada vez máis patente.

A Consellaría alude á protección de datos como mantra para negar información no recoñecemento da competencia dixital docente

Non é a primeira vez que recorre a esta escusa para evitar o control e a fiscalización das súas decisións, neste caso para non xustificar por que rexeitou 33 reclamacións á resolución provisional de acreditación da CDD.

A CIG-Ensino proporá novas mobilizacións docentes tras unha semana de silencio por parte da Consellaría e a negativa da minoría sindical a unirse

O sindicato maioritario insta ao conselleiro de Educación a que imite o titular de Sanidade que o pasado venres se involucrou persoalmente na reunión cos sindicatos para intentar frear a folga en Atención Primaria.

A CIG-Ensino non asina coa Consellaría o Acordo de xubilación anticipada parcial con relevo para a ensinanza concertada que deixa fóra a centos de docentes

O acordo foi negociado fóra da Mesa tripartita e segue a mesma liña de mínimos do anterior, deixando a grande parte do persoal fóra despois dun ano no que non existiu o dereito a acceder a ela.

O persoal das Escolas Deportivas Municipais do concello da Coruña acorda convocar un paro de tres horas para exixir melloras laborais e salariais, así como unha mellor calidade no servizo á cidadanía

Desenvolverase o día 27 de novembro de 10h a 13h e haberá manifestación dende Riazor a María Pita, onde se fará unha demostración das actividades deportivas

A CIG centra a campaña do 25N na denuncia contra a violencia institucional

Baixo o lema “retroceder en dereitos incrementa a violencia”, a secretaría das Mulleres acusa ao Goberno do PP na Xunta de amparar comportamentos machistas

A Xunta patrocina unha campaña dirixida a alumnado de secundaria e bacharelato sobre o uso responsábel dos móbiles só en castelán

A través duns paneis nos que se chama a atención sobre o uso abusivo de pantallas e móbiles, o inglés e o castelán danse a man nunha serie de xogos de palabras dos que se exclúe o galego.

Información sobre o Consello Xeral de FP no que a CIG-Ensino pediu unha Mesa Sectorial docente para abordar a reforma da FP e o Ministerio remitiu a "realizar axustes nas comunidades autónomas"

Na reunión da Permanente deste órgano que conta con representación do Ministerio, as CCAA, as patronais e os sindicatos, abordáronse varios Poxectos de RD de certificados profesionais, cursos de especialización e dos diplomas de LSE.

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
2026
DOG 23 Xuño 2026
Instrucións para o curso 2026-2027

A Consellaría publica as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.

Outros 23 Xuño 2026
Linguaxe administrativa

Convoca a Consellaría cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

Outros 23 Xuño 2026
Curtas 'Nós tamén creamos!'

Publicada na web da Consellaría a resolución da XIV edición dos premios a curtas de animación en galego do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!"

Outros 22 Xuño 2026
Programa That's English!

Informa a Consellaría dos prazos de matrícula do programa de educación a distancia de inglés, That's English!, nas Escolas de idiomas para o curso 2026-2027.

Outros 22 Xuño 2026
Centros STEMBach

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2026/27.

Outros 22 Xuño 2026
Proxectos STEMBach

A web da Consellaría publica a resolución definitiva de centros e proxectos de investigación gañadores  do programa STEMbach no curso 2025/26.

Outros 19 Xuño 2026
Comisións de saúde

Publica a Consellaría a resolución provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas. 

Outros 19 Xuño 2026
Programa Educación responsable

Relación de centros seleccionados e excluídos na web da Consellaría  para desenvolver no curso 2026/27 o programa Educación Responsable.

Outros 19 Xuño 2026
Instrucións para dotar de persoal aos centros

Publica a Consellaría unhas instrucións para a dotación con carácter excepcional de recursos de persoal docente nos centros docentes públicos.