Calendario
Eventos do mes Maio de 2026
Organización das EOIs
No DOG a resolución pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas oficiais de idiomas.
Composición dos tribunais
Publica o DOG a resolución coa composicións dos tribunais, coas presidencias incluídas, que xulgarán as oposicións docentes do 2026.
Proxectos en dinamización lingüística
A Consellaría publica a resolución da convocatoria nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.
Programa PROA+
Publicadas as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+, FSE+).
Centros E-Dixgal
Resolución definitiva cos centros adheridos ao programa E-Dixgal para o curso 2026-2027.
Protocolo sobre o absentismo
Publica a Consellaría na súa web o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar.
Estadía FP no estranxeiro
Na web da Consellaría publícase a resolución do programa Estadía no estranxeiro FP.
Programa LÓVA
A Consellaría anuncia a convocatoria do programa LÓVA, en colaboración co Teatro Real, para fomentar a través da ópera a creación de proxectos artísticos nas aulas.
FP plurilingüe
Publica a Consellaría no DOG a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües, para o curso 2026/27.
Centros no programa E-Dixgal
Publica a Consellaría a resolución provisional de centros participantes no programa E-Dixgal para o curso 2026-2027.
Centros no programa EduMob
A web da Consellaría publica a resolución provisional cos seleccionados para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado con centros da Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2026/2027.
Fondo para libros de texto e material escolar
Publica o DOG a orde que regula o acceso ás axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de centros públicos.
Non participación no CADP
Comeza o prazo para o profesorado obrigado a cubrir o CADP solicite a súa non participación na adxudicación de destino provisional para o curso 2026-2027.
Escolas de fronteira
Publica a Consellaría unha modificación da resolución da Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2025/26.
Centros E-Dixgal
Na web da Consellaría publícase a convocatoria de novos centros E-Dixgal para o curso 2026/27.
Novo nome para o CEIP Víctor Sáez
Publica o DOG a nova denominación para o CEIP Víctor Sáez de Mazaricos, que pasa a chamarse CEIP San Cosme de Antes.
Seccións bilingües
No DOG publícase a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2026/27.
Aspirantes admitidos para as oposicións
Publica a Consellaría a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas oposicións docentes do 2026.
Reto STEM polo eclipse solar
A Consellaría anuncia a convocatoria de acreditación de guías escolares e de retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026 (Polos Eclipsados) nos centros docentes que conten cun Polo creativo.
Programa STEMBach
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para os centros solicitar a súa participación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2026/27.
Interinidades en galego de secundaria
Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura de secundaria.
Portugués nas EOIs
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para impartir docencia como profesorado interino ou substituto de portugués na EOI.
Interinidades en relixión católica
Relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións de relixión católica na ESO e non Bacharelato.
Interinidades en relixión evanxélica
A Consellaría publica a relación definitiva de profesorado de relixión evanxélica en primaria, ESO e Bacharelato.
Rede 'Ponte... nas ondas!'
Convoca a Consellaría a participación na Rede de Centros “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2026/27.
Estadía FP no estranxeiro
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados e non seleccionados no programa Estadía FP no Estranxeiro.
Programa Educación responsable
Convoca a Consellaría a selección de centros para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2026/27.
Contrato de vida dixital
A Consellaría publicou na súa páxina web un modelo de contrato de vida dixital.
Concurso de pódcast-Radio na biblio
A Consellaría fai publico o resultado do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio.

