Calendario
Eventos do día 07 de Maio de 2026
Interinidades en galego de secundaria
Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura de secundaria.
Portugués nas EOIs
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo para impartir docencia como profesorado interino ou substituto de portugués na EOI.
Interinidades en relixión católica
Relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións de relixión católica na ESO e non Bacharelato.
Interinidades en relixión evanxélica
A Consellaría publica a relación definitiva de profesorado de relixión evanxélica en primaria, ESO e Bacharelato.

