Calendario
Eventos do mes Abril de 2026
Cursos CELGA
Anúncianse as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
Novos centros E-dixgal
A Consellaría anuncia a convocatoria para a selección de novos centros participantes no programa E-Dixgal para o curso 2026/27.
Traballos de investigación STEMbach
Publicada a listaxe de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do STEMbach do curso 2025/26.
Programa Edu-Mob 26/27
Na web da Consellaría pódese consultar a selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con centros da Région Académique de Grand Est (Francia).
Prazas para profesorado no extranxeiro
Publica o BOE a convocatoria para cubrir prazas en seccións bilingües de castelán en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Moldavia, Polonia, República Checa, Rumanía e Rusia para o curso 2026-2027.
Comisións por motivos de saúde
O prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde propia ou dun familiar a cargo é do 24 de abril ao 8 de maio do 2026, ambas as datas inclusive.
Comisións por conciliación
O prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral é do 24 de abril de 2026 ao 8 de maio de 2026, ambos incluídos.
Centros plurilingües
O DOG publica a orde coa convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia e se regula o Plurinfantil e Pluribach para o curso 2026/27.
Interinidades en relixión católica
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de substitucións e o baremo provisional para impartir docencia docencia de relixión católica en ESO e Bacharelato.
Interinidades en Relixión evanxélica
Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir Relixión evanxélica en primaria, secundaria e bacharelato.
Interinidades en portugués de EOI
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de substitucións para impartir docencia en portugués de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en galego de EOI
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en galego de EOI.
Interinidades en galego de secundaria
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura en secundaria.
Interinidades en grego, latín e portugués
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en grego, latín e portugués de secundaria.
CXT no DOG
Publicada no DOG a resolución definitiva do Concurso de traslados do 2026.
Recursos didácticos en galego
Bases reguladoras no DOG para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares.
Proba de galego nas oposicións
Publicado o resultado do sorteo dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións docentes do 2026.
Persoal admitido nas oposicións
Publicadas as listaxes provisionais de persoal admitido e excluído das oposicións 2026.
Resolución definitiva do CXT
A Consellaría publica a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados na súa páxina web.
Proxectos de innovación en FP
Publicada a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluídos na convocatoria dos premios a proxectos de innovación no ámbito da FP.
Estadías formativas en empresas
Publicada a resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2026.
Resolución PIALE
Publica a Consellaría a resolución provisional das solicitudes de participación no programa PIALE 2026.
Sorteo dos tribunais das oposicións
Publicado na web da Consellaría o resultado do sorteo dos vogais dos tribunais que xulgarán as oposicións docentes do 2026.
Vacantes definitivas do CXT
A Consellaría publica a relación de vacantes definitivas para o concurso de traslados do profesorado do ano 2026.
Interinidades en Lingua Galega e Literatura
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes para cubrir substitucións na especialidade de secundaria de Lingua Galega e Literatura.
Interinidades en Grego, Latín e Portugués
Anunciada a apertura de listaxe para cubrir substitucións en Grego, Latín e Portugués de secundaria sen necesidade de ter o mestrado de profesorado.
Galego da EOI
Aberto prazo para que o profesorado que cumpra os requisitos se poida apuntar para cubrir substucións de Galego de Escola Oficial de Idiomas.
Relixión católica
A Consellaría convoca O procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións de relixión católica no nivel de ESO e bacharelato.
Relixión evanxélica
Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica en primaria, ESO e bacharelato.
Ordenación xeral da FP
A Consellaría publica unha corrección de erros no Decreto que estabelece a ordenación xeral da FP.
Concurso de Traballo por proxectos
Convocado o XII Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2025/26.

