Calendario
Eventos do mes Marzo de 2026
Acceso a ciclos formativos
Publicada a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o ano 2026.
Avaliación de diagnóstico
Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e ESO para o curso escolar 2025/26.
Concurso de orientación
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos centros de infantil, primaria e de educación especial.
Programa Impulso mentor
Resolución definitiva cos centros seleccionados do Programa piloto “Impulso Mentor” para o curso 2025/26.
Ordenación xeral da FP
O DOG publica o Decreto polo que se estabelece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
Interinidades en secundaria
Relación definitiva na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídasnas listas de interinidades e substitucións de Lingua galega e Literatura e de Organización e procesos de mantemento de vehículos.
Galego de Escola de Idiomas
A Consellaría publica a relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións en Galego de Escola de Idiomas.
Interinidades en Mantemento de vehículos
Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo na especialidade de PESSFP en Mantemento de vehículos.
Titulación Bachibac
Convocada a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2025/2026.
Concurso de direccións
Publicada no DOG a Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.
Concurso de orientación
Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Baloncesto 3x3 nos centros
Centros seleccionados para a promoción da práctica da modalidade de baloncesto 3x3 nos centros de ensino para o curso 2025/2026.
Instrucións para as reclamacións
Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, cos prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais en infantil, primaria, ESO e bacharelato para o curso 2025/2026.
Interinidades en Galego de EOI
Publica a Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para as listas de substitucións en Galego de Escola de Idiomas.
Interinidades en soldadura
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de profesorado admitido e excluído das listas de substitucións para Soldadura do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP.
Interinidades en Mantemento de vehículos
Pode consultarse na web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido e excluído para cubrir substitucións e interinidades na especialidade de Mantemento de vehículos do corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP.
Interinidades en secundaria
Resolución provisional na web da Consellaría das listaxes provisionais para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de Lingua Galega e Literatura e Organización e procesos de mantemento de vehículos.
Programa educativo Impulso Mentor
A Consellaría publica na súa web a resolución provisional de programa educativo Impulso Mentor.
Proba de galego e castelán nas oposicións
Publica a Consellaría unha correción de erros relativa a data na que se realizarán as probas de galego e castelán nas oposicións do 2026.
Asistencia a actividades de formación
Publica o DOG a orde pola que se conceden axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado para o ano 2025.
Proxectos de innovación en FP
Publicada na web da Consellaría a listaxe de proxectos presentados á convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.
Inmersión lingüística en inglés
Resolta definitivamente a convocatoria do programa Spring Week dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2025/26.
Selo Biblioteca escolar solidaria
Convoca a Consellaría o Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar primaria de centros integrados no programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26.
Abordaxe de problemas de conduta
Publica a Consellaría unha guía para a Abordaxe de problemas de conduta no ámbito educativo.
Programa Global Classroom Galicia
A Consellaría anuncia a participación de centros públicos no Programa Global Classroom Galicia.
Folga no CIFP Manuel Antonio
A Consellaría publica os servizos mínimos para a folga convocada pola CIG-Ensino no CIFP Manuel Antonio de Vigo o 5 de marzo.
Programa InnovaTech FP
Publica a Consellaría a listaxe de equipos seleccionados para pasar á segunda fase do programa InnovaTech FP 2025-2026.

