Calendario
Eventos do día 11 de Marzo de 2026
DOG 11/03/2026
Asistencia a actividades de formación
Publica o DOG a orde pola que se conceden axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado para o ano 2025.
Outros 11/03/2026
Proxectos de innovación en FP
Publicada na web da Consellaría a listaxe de proxectos presentados á convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.
Outros 11/03/2026
Inmersión lingüística en inglés
Resolta definitivamente a convocatoria do programa Spring Week dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2025/26.

