Calendario

Eventos do día 24 de Abril de 2026

Convocatorias 24/04/2026
Comisións por motivos de saúde

O prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde propia ou dun familiar a cargo é do 24 de abril ao 8 de maio do 2026, ambas as datas inclusive.

Convocatorias 24/04/2026
Comisións por conciliación

O prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral é do 24 de abril de 2026 ao 8 de maio de 2026, ambos incluídos.

DOG 24/04/2026
Centros plurilingües

O DOG publica a orde coa convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia e se regula o Plurinfantil e Pluribach para o curso 2026/27.

DOG 24/04/2026
Interinidades en relixión católica

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de substitucións e o baremo provisional para impartir docencia docencia de relixión católica en ESO e Bacharelato.

DOG 24/04/2026
Interinidades en Relixión evanxélica

Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir Relixión evanxélica en primaria, secundaria e bacharelato.

DOG 24/04/2026
Interinidades en portugués de EOI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de substitucións para impartir docencia  en portugués de escolas oficiais de idiomas.

DOG 24/04/2026
Interinidades en galego de EOI

Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en galego de EOI.

DOG 24/04/2026
Interinidades en galego de secundaria

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura en secundaria.

DOG 24/04/2026
Interinidades en grego, latín e portugués

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en grego, latín e portugués de secundaria.

< Abril 2026 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      
2026

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario