4018 resultados

As docentes galegas que non viven nas áreas urbanas vense discriminadas á hora de realizar a revisión xinecolóxica anual
A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría que artelle unha solución para que as traballadoras do ensino poidan realizar estas revisións na súa localidade, ou cando menos na súa comarca, para non verse obrigadas a desprazarse até unha cidade

Publicada a orde do Concurso de Orientación de Primaria
Prazo de presentación do 15 de novembro ao 5 de decembro (15 días hábiles)

A Consellaría incorpora 23 novos centros catalogados como de especial dificultade á listaxe presentada na Mesa Sectorial
A modificación da orde responde á demanda da CIG-Ensino de revisar o anexo entregado na Mesa Sectorial

A Consellaría segue incumprindo a obriga de velar polo uso do galego como lingua vehicular na formación do profesorado
A CIG-Ensino ten recibido numerosas queixas de docentes que asisten a cursos planificados pola administración nos que boa parte dos materiais didácticos que se empregan non están na nosa lingua
"As administracións do PP demostran co seu desleixo que a educación ten prioridade cero na súa acción de goberno"
O portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, referiuse así á parálise da LOMCE que está a aplicarse "pola porta de atrás" e sen que se debata a súa derrogación

A CIG-Ensino confirma o seu desencontro co MECD na proposta de cambios no sistema de oposicións
Na Mesa Sectorial do Estado de hoxe, 7 de novembro, o Ministerio amosou unha nula vontade de negociación e só adiantou lixeiras modificacións sobre o texto inicial

A CIG-Ensino demanda o incremento de centros cualificados como de especial dificultade
Tras o compromiso obtido na Mesa Sectorial de revisar a orde que actualiza a relación destes centros, o sindicato trasladou á Consellaría as súas propostas e urxe a publicación da orde e os efectos retroactivos

Na Mesa de Negociación das vacantes do Concurso Específico de Orientación a CIG-Ensino consegue que a Consellaría aumente 42 prazas
Negociación coa Consellaría logo da proposta da CIG Ensino na Mesa Sectorial do 24 de outubro

A CIG-Ensino rexeita a proposta de acreditación para o acceso á docencia universitaria da ANECA por centralista e pouco transparente
O sindicato nacionalista entende que a unilateralidade do MECD nesta proposta supón unha imposición que lamina a autonomía universitaria e pretende utilizar a acreditación para converter a ANECA nunha sorte de tribunal central único

A Consellaría volve burlarse da representación sindical dos docentes galegos
Anuncia a oferta de emprego público docente obviando á representación sindical

O Ministerio presenta unha proposta de modificación transitoria do Real Decreto de acceso á función pública docente
A proposta non colma as demandas do colectivo de profesorado interino

A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación incrementa en 360.000 € os concertos co ensino privado
A través de axudas das que carecen os centros públicos
páxina 134 de 310