
A ESAD segue na loita
Venres haberá unha reunión entre inspección provincial e a dirección do centro
O alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD) concentrouse hoxe na diante da Consellaría de Educación esixindo unha solución á súa situación.
O profesorado e o alumnado da ESAD segue loitando contra os recortes que a Xunta de Galiza impuxo este ano no seu centro, a máis de esixir a súa integración nas ensinanzas universitarias.
Desde a CIG Ensino esperamos que a reunión anunciada entre a inspección provincial e a dirección do centro de os resultados esperados e acabe co nomeamento do profesorado necesario para o normal discorrer do curso.
Na concentración o alumnado do centro anunciou que de non ver unha pronta solución á súa problemática darán un paso máis nas mobilizacións posto que non teñen nada que perder.
