Apertura de listaxes en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir de mañá 3 de outubro

A Consellaría publica hoxe no DOG, de novo sen negociación previa, a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Podedes ler a resolución na seguinte ligazón

A Consellaría volve publicar una resolución de apertura de listaxes sen pasar pola mesa sectorial, o que apertura tras apertura demostra o cariz negociador desta Consellaría.

Esta non negociación do texto das aperturas ten levado a que a posteriori da publicación teñan que publicar correccións unha vez que desde a CIG Ensino lle comunicamos erros que comenten, tal e como ocorreu recentemente, a semana pasada, coa listaxe de Teoría Teatral para a ESAD.

Podes ver información sobre todas as aperturas na seguinte ligazón da nosa páxina.

Volver