O Ministerio de Función Pública presenta unha proposta de modificación do EBEP que non implica ningunha solución ao problema da temporalidade

A CIG ve imposíbel avanzar en posíbeis acordos se non se elimina a taxa de reposición e non se se respectan as sentenzas do TXUE canto ao abuso da contratación temporal e adopción de mecanismos sancionadores contundentes

Información da mesa sectorial: protocolo covid para as oposicións

Mesa celebrada o xoves 27 de maio

CIG-Ensino solicita a convocatoria dunha Mesa Sectorial monográfica para analizar as medidas a adoptar no curso 2021/22

O sindicato toma esta iniciativa logo das medidas da Conferencia Sectorial de Educación e dos pasos dados xa pola Consellaría para executar recortes de docentes co incremento de ratios

Publicado o Concurso Xeral de Traslados de mestres no DOG

O DOG do 21 de maio publica a resolución pola que se resolve definitivamente o CXT do corpo de mestres

CIG-Ensino alerta novamente da pretensión de Educación de reducir profesorado e ampliar ratios no curso 2021-22

A Consellaría obriga a facer un estudo de necesidades en centros de secundaria con só 24 horas de antelación coa medida de 1,2 metros, tomando a iniciativa na idea de recortar profesorado.

Educación impón sen negociación nin diálogo a oferta ordinaria e modular de FP para o curso 21/22

Con tan só unhas horas de adianto para unha reunión do Consello Galego de FP a Xunta remitiu a listaxe de ciclos formativos de FP que se ofertarán así como a oferta por módulos, que non foron previamente contrastados nin cos sindicatos nin cos centros

A Xunta crea un centro de innovación de FP para deixalo nas mans de Baltar

O novo centro mostra unha estrutura de xestión con total falta de transparencia e ausencia de control por parte dos centros e do profesorado de FP, a quen se di estar dirixido.

Centos de persoas ateigan o Obradoiro para que se garanta o dereito a vivir en galego

Queremos Galego exixe “un compromiso real e efectivo” dos poderes públicos coa nosa lingua

Mobilizacións en defensa da Universidade Pública Galega

Non á creación dunha universidade privada na Galiza

Información da mesa sectorial

Martes 18 de maio. Licenzas por formación, CIEDix e CGIFP.

Publicadas as vacantes do Concurso Xeral de Traslados

A adxudicación definitiva para o corpo de secundaria está prevista para mañá e a de mestres para o 21 deste mesmo mes

Sanidade retoma a vacinación do persoal dos centros educativos sen novidades aínda coa 2ª dose

Saúde Pública di compartir as nosas queixas sobre a subministración da 2ª dose, tanto en prazos como na vacina a subministrar mais fía todo á decisión do Ministerio e a Conferencia Interterritorial

Negociación ou mobilización

Quizais quixo dicir:

< Decembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        
Outros 12 Decembro 2025
Interinidades en cátedras de CMUS

Ábrense listas para cubrir substitucións nas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas de clave, composición e canto de jazz.

Outros 12 Decembro 2025
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de profesorado do corpo de música de acordeón, clave e fundamentos de composición. 

Outros 12 Decembro 2025
Interinidades de portugués

Anunciada a convocatoria para cubrir listaxe de interinidades e substitucións na especialidade de portugués de EOI.

DOG 11 Decembro 2025
Inmersión lingüística en inglés

Convoca a Consellaría o programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de ESO durante o curso 2025/26.

DOG 10 Decembro 2025
Interinidades en portugués

Publica a Consellaría a relación definitiva de profesorado admitido e excluído para cubrir interinidades e substitucións en portugués de secundaria.

DOG 10 Decembro 2025
Interinidades en mecanizado e mantemento de máquinas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades e substitucións na especialidade de PESSFP  de mecanizado e mantemento de máquinas.