Información da mesa sectorial
Martes 18 de maio. Licenzas por formación, CIEDix e CGIFP.
Orde do día.
Proxecto de decreto, polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix).
CIG Informa coa información da mesa sectorial sobre o CIEDix.
Proxecto de decreto polo que se crea o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional (CGIFP).
CIG Informa coa información da mesa sectorial sobre o CGIFP.
Licenzas por formación para o curso 2021/2022.
CIG Informa coa información da mesa sectorial sobre as licenzas de formación.
Varios tratados na mesa Sectorial
Esiximos a retirada dos nomes franquistas dos centros educativos.
A CIG-Ensino entende que non se pode consentir por parte dunha administración pública que se manteña o recoñecemento público a persoeiros vinculados coa ditadura franquista. Logo de que o Ministerio de Defensa retirase o nome do fascista Salvador Moreno do centro educativo que ten en Pontevedra, aínda quedan a día e hoxe varios colexios dependentes da Consellaría que implican un incumprimento da Lei de Memoria Histórica e das propias resolucións e declaracións institucionais do Parlamento galego. A próxima modificación dos Regulamentos Orgánicos, nos que se regula a denominación dos centros públicos, debe aproveitarse para regular a retirada de toda homenaxe e honra a que tivo relación do réxime ditatorial.
Negociación dos ROC.
Instamos á Consellaría a que nos dea unha periodización prevista para negociar a reforma dos ROC e neste sentido demandamos que a documentación se entrega cun prazo amplo de tempo para que o profesorado poida ter coñecemento e participación nuns documentos de tanta importancia para a organización dos centros e para os dereitos e obrigas do profesorado. A Consellaría indica que de momento aínda se está na fase de grupos de traballo e que con case toda seguridade non entrará en vigor para o curso 2021/22.
Período de adaptación en Infantil.
Despois da recollida de sinaturas posta en marcha pola CIG-Ensino sobre o período de adaptación de Infantil, quen xa vai polas 3.000 nun prazo moi breve de tempo, consideramos que a Consellaría debe rectificar e deixar nas mans dos e das mestras de Infantil as decisións sobre a súa duración e a flexibilidade. A Consellaría indica que vai introducir algún cambio na orde do calendario mais non indica cales.