Mobilizacións en defensa da Universidade Pública Galega

Non á creación dunha universidade privada na Galiza

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, da que forma parte a CIG-Ensino, volve facer público o seu rexeitamento á creación dunha universidade privada na Galiza.

A plataforma chama a toda a comunidade universitaria a concentrarase diante do parlamento galego o día que se toma en consideración o proxecto de lei para a creación da universidade privada vinculada a Abanca.

Con esta medida abriríase a tramitación da lei no Parlamento que, tras os debates da emendas en comisión, podería aprobarse finalmente en pleno antes do verán se o PP pretende acelerar os prazos para evitar a resposta social.

CIG

A concentración será o martes 25 de maio ás 11:00 horas diante do Parlamento Galego.

As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que conformamos a Plataforma Galega reafirmamos a nosa crítica ao proceso iniciado polo goberno Feijóo, en contra das tres universidade públicas que conxuntamente se pronunciaron na defensa do carácter público dos estudos superiores.

Repetimos que en Galiza non e necesaria unha universidade privada, a ampla oferta académica do SUG, cunha importante especialización nos diferentes campus, responde perfectamente a demanda existente e onde non chega é simplemente polas limitacións fixadas pola Xunta.

O mércores 2 de xuño as 11:00 horas, convocamos concentracións nos 7 Campus

Santiago de Compostela.

Reitoría da USC. Praza do Obradoiro.

Lugo.

Biblioteca Intercentros. Rúa Bernardino Pardo Ouro.

A Coruña.

Facultade de Informática. Campus Universitario de Elviña.

Ferrol.

Vicerritoría Ferrol. UDC. Rúa Doctor Vázquez Cabrera

Vigo.

Reitoría da UVigo. Campus Universitario de Vigo. As lagoas, Marcosende.

Pontevedra.

Facultade de Ciencias Sociais. Campus Universitario da Xunqueira,

Ourense.

Facultade CC Educación e Facultade de Historia. Campus As Lagoas, Edificio de Ferro.

Volver